miniatura|dereita|200px|Vista xeral do Xeneral Sherman. O Xeneral Sherman é unha sequoia xigante situada dentro do Parque Nacional da Sequoia en California, nos Estados Unidos de América. É a meirande árbore do mundo e tamén o organismo vivo máis grande que existe. A súa idade está estimada en 2200 anos.

Historia Foi no ano 1879 cando o naturalista James Wolverton a bautizou como Xeneral Sherman na honra ó xeneral William Tecumseh Sherman. miniatura|esquerda|Base do tronco do Xeneral Sherman. Máis tarde, a asociación socialista Kawea Colony, estableceuse preto da árbore en 1880 e renomeouna como Karl Marx. Non foi até o ano 1931 que a árbore foi recoñecida como a máis grande do mundo despois dunha controversia con outra sequoia veciña coñecida como Xeneral Grant. Porén, a controversia volveu co descubrimento en 2006 de Hyperion, outra sequoia cunha altitude de 115,61 metros e polo tanto de maior altura que o Xeneral Sherman. Aínda así, o Xeneral Sherman segue a ser a maior árbore en canto a volume, que se considera como o criterio máis importante.

Características Medidas Datos Altura respecto á base 83,8m Circunferencia na base 31,1m Diámetro na base 11,1m Diámetro a 1,50m da base 8,25m Diámetro a 18m da base 5,3m Diámetro a 55m da base 4,3m Diámetro da póla máis grosa 2,1m Altura da primeira póla grande dende o chan 39,6m Extensión media da copa 32,5m Masa estimada do tronco 1,121 t Volume estimado do tronco 1,487 m³

Véxase tamén Ligazóns externas

Páxina do Parque Nacional As 30 maiores sequoias xigantes

Categoría:Árbores senlleiras