María del Carmen Fraga Estévez, nada en León o 19 de outubro de 1948, é unha política galega. Traxectoria Licenciouse en Xeografía en 1970, e a partir dese ano traballou para o Ministerio de Obras Públicas. Licenciouse de novo, desta vez en Dereito, en 1985 e traballou como asistente do Partido Popular Europeo entre 1986 e 1994.

Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1994 figura na candidatura do Partido Popular e obtén un escano no Parlamento Europeo. Como tal, foi vicepresidenta primeira do grupo do Partido Popular Europeo e, durante o trienio 1997-1999 foi ademais presidenta da Comisión de Pesca. Nas eleccións europeas de 1999 saíu reelixida, e volveu saír tamén nas de 2004 e nas de 2009. Entre 2002 e 2004 foi secretaria xeral de Pesca Marítima. En 2004 foi membro novamente da Comisión de Pesca e da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural. En 2009 volveu ser elixida presidenta da Comisión de Pesca. Tamén foi membro da Delegación para as Relacións cos Países do Maghreb e a Arab Maghreb Union.

En 2014 anunciou que non figuraría nas listas electorais para os comicios dese ano. Foi a eurodeputada galega con máis anos de servizo en Bruxelas: vinte. Ese mesmo ano foille concedida a Medalla Castelao.

Vida persoal É filla de Manuel Fraga e da súa dona Carmen Estévez.

Véxase tamén Ligazóns externas Presentación de Carmen Fraga Estévez Quien es quien: Carmen Fraga Estévez Información de Carmen Fraga Estéverez no Parlamento Europeo

Categoría:Europarlamentarios de Galicia Categoría:Europarlamentarios do PPE Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en León Categoría:Nados en 1948 Categoría:Europarlamentarios de España (1994-1999) Categoría:Europarlamentarios de España (1999-2004) Categoría:Europarlamentarios de España (2004-2009) Categoría:Europarlamentarios de España (2009-2014)