Isabel López Lajas, nada en Valverde do Fresno, Estremadura, en 1884 e finada en 1967, foi unha escritora en galego de Estremadura.

Traxectoria Estudou no colexio do seu concello natal e cando rematou a escola primaria non continuou cos estudos, pero continuou lendo, e as lecturas de Rosalía de Castro fixéronlle identificar a súa lingua coa da escritora galega.

Persoa moi relixiosa, estableceu unha escola dominical para aprenderlles a ler e escribir ás rapazas da zona, que co tempo ampliou ós rapaces e a todos os días da semana. Nesa escola organizou un grupo de teatro, para o que escribiu sainetes en valverdeiro de contido moralizante que se representaron entre a Segunda República Española e os anos 1950. Foron os primeiros textos escritos en valverdeiro. En 1998 Xosé Henrique Costas publicou seis destes sainetes.

Notas

Lopez Lajas, Isabel Categoría:Nados en 1884 Categoría:Nados en Valverde do Fresno Categoría:Finados en 1967