Marcelino Martínez Castro, nado en Vilalba en 1877 e finado no mesmo concello en novembro de 1957, foi un político republicano galego.
Traxectoria Estivo emigrado en Cuba. Foi concelleiro en Vilalba durante a primeira etapa da ditadura de Primo de Rivera e foi presidente do Centro de Artesanos (1926). Durante a Segunda República foi Presidente da Organización Republicana Agraria de Villalba, integrada na ORGA. Logo do triunfo do Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro gobernativo e elixido alcalde de Vilalba o 4 de marzo.BOP Lugo, 28-7-1936, p. 1-2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou no cárcere de Lugo o 3 de agosto, foi xulgado en Lugo por traizón, permanecendo en prisión ata o 9 de abril de 1937. Finou en Vilalba en novembro de 1957.El Progreso, 13-11-1957, p. 5.
Vida persoal
Casou con Carmen Carballeira Goldeiros, filla de José Carballeira Fraga. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Vilalba
Categoría:Nados en 1877
Categoría:Finados en 1957