Django Unchained é un filme de xénero western épico estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. O filme estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2012. A historia transcorre na era previa á Guerra de Secesión no sur do país, no xa vello Oeste. Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).

Sinopse En 1858, varios escravos varóns son transportados a través de Texas polos irmáns Speck (James Remar e James Russo). No seu grupo está Django (Jamie Foxx), quen foi separado da súa esposa Broomhilda (Kerry Washington). Os irmáns Speck encontran o Dr. King Schultz (Christoph Waltz), un dentista alemán e, sen sabelo, cazador de recompensas. Schultz libera a Django e mata un dos irmáns Speck, deixando o outro para ser asasinado polos escravos agora libres. Schultz revela que el buscou a Django para axudarlle na identificación dos irmáns Brittle, un trío de asasinos desapiadados que traballan para os propietarios das plantacións. Schultz confesa que a súa caza de recompensas é oportunista, pero fai fincapé en que, como Django, despreza a escravitude. Os dous chegan a un acordo: a cambio de axudarlle a localizar aos irmáns Brittle, Schultz liberará a Django da escravitude, daralle $ 75 e un cabalo. Despois de cazar e matar os irmáns Brittle, Schultz lévase a Django como socio na caza de recompensas.

Despois de conseguir unha serie de informacións, Schultz e Django confirman que o dono actual de Broomhilda é Calvin J. Candie (Leonardo DiCaprio), dono dunha plantación, encantador pero brutal. Na plantación de Candie, Candyland, algúns dos seus escravos varóns son adestrados para loitar ata a morte (chamada "loita de Mandingos"). Despois de obter un convite a Candyland, Schultz e Django idean un plan para conseguir a Broomhilda facéndose pasar por potenciais compradores dun loitador Mandingo. Á súa chegada, Schultz introduce a Django como un home libre e un experto na loita de Mandingos. Candie e Schultz rapidamente chegan a un acordo para comprar un loitador Mandingo por U$ 12.000. Schultz tamén ofrece comprar a Broomhilda, alegando que, como ela fala alemán, lle axudaría a aliviar a súa nostalxia pola súa lingua materna. O interese de Schultz e Django en Broomhilda levanta as sospeitas do leal escravo de Candie, Stephen (Samuel L. Jackson), que deduce correctamente que Django e Broomhilda se coñecen entre si, e que a venda do Mandingo é unha artimaña. Candie, que é informado, armado con esta nova información demanda os $ 12.000 para Broomhilda, ou el mataraa. Schultz comprométese a compralo a este prezo co fin de salvar a súa vida, aínda que máis tarde, enfurecido polo comportamento humillante recibido por Candie, mátao, despois de finalizar os trámites da venda e liberdade. Schultz é asasinado á súa vez polos homes de Candie, os cales logo tratan de matar a Django. Django dispara a moitos dos homes de Candie, pero réndese cando Stephen ameaza con matar a Broomhilda. Como castigo, Stephen suxire que Django sexa enviado a unha mina de carbón e traballe alí ata a morte, estando de acordo a irmá de Candie, Lara (Laura Cayouette). No camiño á mina, Django persuade os negreiros de que el é un cazador de recompensas, mostrándolles o volante do seu primeiro asasinato como proba. Unha vez que consegue liberarse, mata aos negreiros, toma a súa dinamita, e monta de novo cara a Candyland.

Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles.

Personaxes miniatura|250px|Jamie Foxx, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson na estrea francesa do filme, París en xaneiro de 2013.

Jamie Foxx como Django Freeman Christoph Waltz como Dr. King Schultz Leonardo DiCaprio como "Monsieur" Calvin J. Candie Kerry Washington como Broomhilda Von Shaft Samuel L. Jackson como Stephen Don Johnson como Spencer "Big Daddy" Bennett Walton Goggins como Billy Crash Dennis Christopher como Leonide "Leo" Moguy James Remar como Butch Pooch / Ace Speck David Steen como Mr. Stonecipher Dana Michelle Gourrier como Cora Nichole Galicia como Sheba Laura Cayouette como Lara Lee Candie-Fitzwilly Ato Essandoh como D'Artagnan Sammi Rotibi como Rodney Clay Donahue como Fontenot Escalante Lundy como Big Fred Miriam F. Glover como Betina Omar J. Dorsey como Chicken Charlie Franco Nero como Amerigo VessepiDjango Unchained radiotimes.com

Outros papeis inclúen a James Russo como Dicky Speck, Tom Wopat como o Marshall Gill Tatum, Don Stroud como Sheriff Bill Sharp, Russ Tamblyn como o fillo dun bandoleiro, Amber Tamblyn como neta do bandoleiro, Bruce Dern como home vello Carrucan, M. C. Gainey as Big John Brittle, Cooper Huckabee como Lil Raj Brittle, Doc Duhame como Ellis Brittle, Jonah Hill como Bag Head #2, e Lee Horsley como o Sheriff Gus (Snowy Snow). Zoë Bell, Michael Bowen, Robert Carradine, Jake Garber, Ted Neeley, James Parks e Tom Savini fan de sicarios de Candyland, mentres Michael Parks, John Jarratt e Quentin Tarantino interpretan os empregados da LeQuint Dickey Mining Co. Tarantino fai tamén un cameo como Robert, un dos membros do grupo semellante ao Ku Klux Klan.

Galardóns e nomeamentos Premio Categoría Candidatos ResultadoPremios Óscar Mellor filme Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nomeada Mellor actor secundario Christoph Waltz Gañador Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador Mellor fotografía Robert Richardson Nomeado Mellor edición de son Wylie Stateman NomeadoPremios Globos de Ouro Mellor Película - Drama Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nomeada Mellor director Quentin Tarantino Nomeado Mellor actor secundario Leonardo DiCaprio Nomeado Mellor actor secundario Christoph Waltz Gañador Mellor Guión Quentin Tarantino GañadorPremios BAFTA Mellor director Quentin Tarantino Nomeado Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador Mellor actor secundario Christoph Waltz Gañador Mellor montaxe Fred Raskin Nomeado Mellor son Mark Ulano, Michael Minkler, Tony Lamberti, Wylie Stateman Nomeados

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Quentin Tarantino Categoría:Filmes de The Weinstein Company Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes rodados en Luisiana Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Wyoming Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes ambientados en 1858 Categoría:Filmes ambientados en 1859 Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América