As linguas maias forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias polo seu nome,Spence, et al. (1998). e México recoñeceu oito máis dentro do seu territorio.

A familia maia é unha das mellor documentadas e máis estudadas das linguas americanas.Campbell (1997), p.165. As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5 000 anos e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis ramas lingüísticas diferentes: a huasteca, a quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombiana da historia de Mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 5 000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, olaría e códices, combinada coa rica literatura poscolonial maia escrita en alfabeto latino, o cal achega unha base para o entendemento moderno da historia precolombiana que non ten comparanza en toda América.

Historia Protomaia miniatura|dereita|Rutas e datas de migración aproximada para as diversas familias lingüísticas maias. A rexión amosada como protomaia é a ocupada no presente polos falantes da rama q’anjob’al (azul claro noutras imaxes). As linguas maias son descendentes dunha protolingua chamada protomaia ou, en maia quiché, Nabʼee Mayaʼ Tzij ("a vella lingua maia"). Crese que a lingua protomaia foi falada nas terras altas de Cuchumatanes, no centro de Guatemala, nunha área que se corresponde co territorio onde se fala o q’anjob’al no presente. A proposta máis antiga sobre esta teoría foi a que identificou as terras altas de Chiapas-Guatemala como o posible "berce" das linguas maias, e foi publicado polo anticuario e estudoso alemán Karl Sapper. Terrence Kaufman e John Justeson reconstruíron máis de 3 000 elementos léxicos da lingua protomaia.

De acordo coa clasificación vixente creada por Lyle Campbell e Terrence Kaufman, a primeira división ocorreu arredor do -2200, cando a rama huasteca se separou do maia despois de que os falantes se trasladasen cara ó norte seguindo a costa do golfo de México. Os falantes de protoiucateco e protoch'ol separáronse do grupo principal e movéronse cara ó norte até a península do Iucatán. Os falantes da rama occidental movéronse cara ó sur até as áreas hoxe habitadas polos pobos mam e quiché. Cando os falantes do prototzeltal se separaron máis tarde do grupo ch'ol e se trasladaron cara ó sur até as terras altas de Chiapas, entraron en contacto con falantes de linguas mixe-zoque. De acordo cunha teoría alternativa de Robertson e Houston, o huasteco permaneceu nas terras altas de Guatemala xunto cos falantes de ch'ol-tzeltal, separándose desa rama moito máis tarde segundo propón Kaufman.

No período arcaico (antes do ano -2000), un bo número de préstamos das linguas mixe-zoque semellan terse incorporado na lingua protomaia. Isto levou á hipótese de que os maias da antigüidade foron dominados polos falantes de linguas mixe-zoque, posiblemente os olmecas. No caso das linguas xincas e lenca, pola contra, as linguas maias foron máis frecuentemente a fonte de préstamos e non os recipientes. Especialistas das linguas maias como Campbell cren que isto suxire un período de intenso contacto entre os maias e os pobos lenca e xinca, posiblemente durante o período clásico (250–900).

Período clásico miniatura|dereita|Glifos maias do período clásico gravados en estuco no Museo de sitio en Palenque, México. Durante o período clásico, as ramas principais comezaron a diversificarse en linguas separadas. A división entre o protoiucateco (no norte, é dicir, a península do Iucatán) e o protochʼol (no sur, é dicir, as terras altas de Chiapas e a bacía do Petén) produciuse durante o período clásico, cando a maioría das inscricións maias foron creadas. Ámbalas dúas variantes están atestadas nos xeróglifos dos sitios arqueolóxicos maias daquela épica, e as dúas son comunmente chamadas como "lingua maia clásica". Aínda que unha soa lingua de prestixio foi, con moito, o máis frecuentemente rexistrado en textos xeroglíficos existentes, existen evidencias doutras tres variedades maias que foron descubertas no corpus xeroglífico conservado até o presente, a primeira, unha variedade do chʼol oriental atopada en textos escritos na área meridional maia e nas terras altas, unha segunda variedade chʼol occidental difundida na rexión de Usumacinta a mediados do século VII, e unha terceira variedade iucateca descuberta en textos da península do Iucatán. O motivo polo cal só unhas poucas variedades están presentes nos textos glíficos é probablemente a que esas variedades lingüísticas servían como dialectos de prestixio ó longo de todo o territorio maia; os textos xeroglíficos poderían estar escritos na lingua da elite.

Stephen Houston, John Robertson e David Stuart suxeriron que a variedade específica do chʼol atopada na maioría dos textos xeroglíficos das terras baixas do sur era a lingua que eles chaman "chʼoltiʼ clásico", o devanceiro dos actuais chʼortiʼ e ch’olti’. Propuxeron tamén a súa orixe nas zonas occidental e meridional da bacía do Petén, e que era usado tanto nas inscricións como polas elites e os sacerdotes. Porén, Mora-Marín argumentou que os trazos compartidos pola lingua maia clásica das terras baixas e as linugas chʼoltiʼ eran máis ben retencións e non innovacións, e que a diversificación da familia chʼol é de feito posterior ó período clásico. A lingua das inscricións clásicas das terras baixas podería ter sido o protochʼol.

Período colonial Durante a colonización española de América Central, tódalas linguas indíxenas foron eclipsadas polo castelán, que se converteu na nova lingua de prestixio. O uso das linguas maias en moitos eidos importantes da sociedade, como a administración, a relixión e a literatura, chegou á súa fin. Porén, a área maia foi máis resistente á influencia foránea que outras áreas de América, e quizais por esa razón, moitas comunidades maias aínda manteñen unha alta proporción de falantes monolingües. No presente, a área maia está dominada polo castelán. Mentres que un certo número de linguas maias están ameazadas ou perigo de desaparición, outras gozan de vitalidade, con falantes en tódolos grupos de idade e con uso cotián en tódolos dominios da sociedade.

Período moderno dereita|miniatura|Debuxo con texto escrito en lingua chuj en Ixcán, Guatemala. Conforme avanzaron as investigacións arqueolóxicas sobre os maias durante o século XX, así como o espallamento dun sentimento nacionalista e ideoloxías de orgullo étnico, moitos pobos de fala maia comezaron a desenvolver unha identidade étnica compartida como "maias", os herdeiros da civilización maia.

A verba "maia" semella derivar da cidade posclásica de Mayapán, no Iucatán; o seu significado máis restrinxido nos tempos precoloniais e coloniais apunta á súa orixe nunha rexión particular da península do Iucatán. O significado actual e máis amplo de "maia", usado para definir as relacións lingüísticas, tamén é empregado para facer referencia a elementos étnicos ou culturais. A maioría dos maias identifícanse primeiro e de forma prevalente co grupo étnico específico, como por exemplo "iucateco" ou "quiché"; mais tamén recoñecen un parentesco maia compartido. A lingua foi fundamental para definir os límites dese parentesco. Fabri escribe: "O termo maia é problemático porque os pobos maias non constitúen unha identidade homoxénea. O concepto "maia" converteuse máis ben nunha estratexia de autoidentificación para os movementos maias e os seus seguidores. A Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG, ou K’ulb’il Yol Twitz Paxil) identificou vinte e unha linguas maias". Este orgullo de unidade levou a unha insistencia en distinguir as diferentes linguas maias, algunhas das cales están tan estreitamente relacionadas entre elas que facilmente poderían ser consideradas como dialectos dunha soa lingua. Porén, o termo de "dialecto" foi historicamente empregada no pasado con connotacións racistas, xa que os estudosos facían unha distinción espuria entre os "dialectos" amerindios e as "linguas" europeas. Por ese motivo, en anos recentes en Mesoamérica tendeuse a designar as variedades lingüísticas faladas por grupos étnicos diferentes como linguas separadas.

En Guatemala, asuntos como o desenvolvemento de ortografías estandarizadas para as linguas maias son xestionados pola Academia de Linguas Maias de Guatemala (ALMG), que foi fundada polas organizacións maias en 1986. Logo dos acordos de paz de 1996, a academia gañou un recoñecemento crecente como a autoridade reguladora das linguas maias tanto entre os eruditos maias como entre os pobos maias.

Xenealoxía e clasificación Relacións con outras familias A familia de linguas maias non ten unha relación xenética demostrada con outras familias lingüísticas. As semellanzas con algunhas linguas de Mesoamérica son entendidas como produto do contacto e a difusión de trazos lingüísticos do maia con outras linguas veciñas, e non por ter devanceiros comúns. Demostrouse que Mesoamérica foi unha área dunha substancial difusión lingüística.

Un amplo número de propostas foron presentadas para relacionar a familia maia con outras familias lingüísticas e mesmo con linguas illadas, mais ningunha desas teorías é apoiada polos lingüistas. Exemplos disto son as pretendidas conexións do maia coas linguas uru–chipaya, o mapuche, as linguas lenca, o purépecha e o huave. O maia tamén foi incluído en varias hipóteses que o relacionaban coas linguas hokanas e as linguas penutianas. O lingüista Joseph Greenberg incluíu o maia na súa controvertida hipótese amerindia, que é rexeitada polos lingüistas históricos como insostible de acordo coas probas existentes.

Nun escrito de 1997, Lyle Campbell, un experto en linguas maias e lingüística histórica, argumentou que a proposta máis prometedora é a da hipótese "macromaia", que estabelece unha posible ligazón entre as linguas maias, as linguas mixe-zoque e as linguas totonacas, mais aínda son precisas máis investigacións para apoiar ou rexeitar esta hipótese. En 2015, Campbell sinalou que as evidencias recentes presentadas por David Mora-Marin fan que a relación entre as linguas maias e as linguas mixe-zoque sexa "moito máis plausible".

Subdivisións A familia maia consta de trinta linguas. Polo xeral, estas linguas agrúpanse en 6 grupos principais (iucateco, huasteco, chʼol–tzeltal, qʼanjobʼal, mameano e quicheano). A familia lingüística maia está extremadamente ben documentada e o seu esquema de clasificación xenealóxica está amplamente aceptado e estabelecido, agás por algunhas diferenzas sen resolver.