María Consuelo Martínez García, nada en Vigo en 1961, é unha sindicalista e política galega.

Traxectoria Estudou maxisterio e enfermería e comezou a traballar como auxiliar de enfermería nun hospital de Vigo, exercendo tamén como delegada sindical da CIG, foi secretaria comarcal de Vigo da Federación Sanitaria da CIG (1998-2001) e secretaria confederal de finanzas (2001-2005), secretaria confederal de organización (2005-2008) e secretaria comarcal de muller e mocidade (2009-2012). Militante da Fronte Obreira Galega, nas eleccións autonómicas de 2012 foi elixida deputada no Parlamento Galego pola Alternativa Galega de Esquerda a proposta de Anova-Irmandade Nacionalista. En novembro de 2014 tras a marcha de Cerna de Anova deixou o grupo parlamentario de AGE, integrándose no mixto."Martínez abandona AGE tras marchar de Anova e compartirá o Mixto con Carmen Iglesias". Praza, 4 de novembro de 2014

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Sindicalistas da CIG Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia pola AGE Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Políticos de Anova-Irmandade Nacionalista Categoría:Políticos de Cerna