Luis Ribada Martín, nado en Madrid o 30 de outubro de 1939, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro.

Traxectoria Formado no Real Madrid, non chegou a debutar co club branco, que o cedeu ao Pontevedra (en dúas etapas) e ao Osasuna entre os anos 1960 e 1964.

No verán de 1964 foi traspasado ao Real Murcia e na tempada seguinte fichou polo Deportivo da Coruña, onde gozou da titularidade no ataque xunto con Montalvo, Loureda e Chapela. Xogou 34 partidos anotando seis goles e logrando o ascenso á Primeira División. Xogou dous anos máis no Deportivo vivindo un descenso e un novo ascenso. Na tempada 1969/70 xogou no CD Badajoz.

Palmarés

Deportivo da Coruña

Segunda División (2): 1965/66 e 1967/68.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Real Murcia Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do CD Badajoz