A Declaración Universal dos Dereitos Humanos (DUDH)Declaración Universal dos Dereitos Humanos , Nacions Unidas, versión en galego, 1998.The Universal Declaration of Human Rights, localización na web das Nacions Unidas. Versión oficial en inglés. é un documento internacional adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas que consagra os dereitos e liberdades basicas de todos os seres humanos. Elaborado por un comité da ONU presidido por Eleanor Roosevelt, foi aceptado pola Asemblea Xeral como Resolución 217 durante a súa terceira sesión o 10 de decembro de 1948 no Palacio de Chaillot en París (Francia). Dos 58 membros das Nacións Unidas naquel momento, 48 votaron a favor, ningún en contra, oito abstivéronse e dous non votaron.
A declaración do texto fundacional da historia dos dereitos humanos e civís, consta de 30 artigos nos que se detallan os "dereitos básicos e liberdades fundamentais" da persoa e afírmase o seu carácter universal como inherentes, inalienables e aplicables a todos os seres humanos. Adoptada como "ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse", a DUDH compromete ás nacións para recoñecer que todos os seres humanos "nacen libres e iguais en dignidade e dereitos" con independencia "da súa nacionalidade, lugar de residencia, sexo, orixe nacional ou étnica, cor, relixión, lingua ou calquera outra condición social".UDHR Booklet, Art. 2. O canadense John Peters Humphrey foi o redactor principal, asistido pola estadounidense Eleanor Roosevelt, o francés René Cassin e o chinés P. C. Chang, entre outros.
A declaración considérase un "documento histórico" pola súa "linguaxe universalista", que non fai referencia a ningunha cultura, sistema político ou relixión en particular. Inspirou directamente o desenvolvemento do dereito internacional dos dereitos humanos, e foi o primeiro paso na formulación da Carta Internacional dos Dereitos Humanos, que se completou en 1966 e entrou en vigor en 1976. Aínda que non é xuridicamente vinculante, o contido da DUDH elaborouse e incorporouse en tratados internacionais posteriores, instrumentos de dereitos humanos rexionais e constitucionais e en códigos xurídicos nacionais.
Os 193 Estados membros das Nacións Unidas ratificaron polo menos un dos nove tratados vinculantes nos que influíu a Declaración, e a gran maioría ratificou catro ou máis. Aínda que existe un amplo consenso en que a declaración en si non é vinculante e non forma parte do dereito internacional consuetudinario, tamén existe consenso en que moitas das súas disposicións son vinculantes e pasaron a formar parte do dereito internacional consuetudinario,Henry J Steiner and Philip Alston, International Human Rights in Context: Law, Politics, Morals, (2nd ed), Oxford University Press, Oxford, 2000.Hurst Hannum, The universal declaration of human rights in National and International Law , p. 145 aínda que os tribunais dalgúns países foron máis restritivos en canto aos seus efectos xurídicos.Sosa v. Alvarez-Machain, 542 U.S. 692, 734 (2004). Segue sendo citada amplamente por profesores universitarios, avogados defensores e por tribunais constitucionais. Avogados internacionalistas continuamente debaten cales das súas estipulacións se poden dicir que constitúen o dereito internacional consuetudinario. As opinións varían moito en canto a isto e cuestiónanse desde algunhas estipulacións até todo o documento, e a súa importancia queda patente en parte polas súas 530 traducións, o maior número de todos os documentos da historia. Estrutura e contido A estrutura subxacente da Declaración Universal estaba influída polo Código Napoleónico, incluíndo un preámbulo e principios xerais introdutorios. . A súa estrutura definitiva tomou forma no segundo borrador elaborado polo xurista francés René Cassin, que traballou sobre o borrador inicial preparado polo xurista canadense John Peters Humphrey.
A Declaración consta do seguinte: O preámbulo expón as causas históricas e sociais que levaron á necesidade de redactar a Declaración. Os artigos 1-2 establecen os conceptos básicos de dignidade, liberdade e igualdade. Os artigos 3-5 establecen outros dereitos individuais, como o dereito á vida e a prohibición da escravitude e a tortura. Os artigos 6-11 refírense á legalidade fundamental dos dereitos humanos e citan recursos específicos para defendelos cando son violados. Os artigos 12-17 establecen os dereitos do individuo fronte á comunidade, incluída a liberdade de circulación e de residencia dentro de cada Estado, o dereito de propiedade e o dereito a unha nacionalidade. Os artigos 18 a 21 sancionan as chamadas "liberdades constitucionais" e as liberdades espirituais, públicas e políticas, como a liberdade de pensamento, opinión, expresión, relixión e conciencia, palabra, asociación pacífica do individuo, e a recepción e difusión de información e ideas a través de calquera medio de comunicación. Os artigos 22-27 sancionan os dereitos económicos, sociais e culturais do individuo, incluído a atención sanitaria. Defende un amplo dereito a un nivel de vida adecuado, e fai especial mención á atención prestada a quen se atopa na maternidade ou a infancia. Os artigos 28-30 establecen os medios xerais de exercicio destes dereitos, os ámbitos nos que non poden aplicarse os dereitos da persoa, o deber da persoa para coa sociedade e a prohibición do uso dos dereitos en contravención dos fins da Organización das Nacións Unidas., Chapter 10. Cassin comparou a Declaración co pórtico dun templo grego, con cimentos, chanzos, catro columnas e un frontón. Os artigos 1 e 2 -cos seus principios de dignidade, liberdade, igualdade e fraternidade- serviron de cimentos. Os sete parágrafos do preámbulo, que expoñen as razóns da Declaración, representan os banzos que conducen ao templo. O corpo principal da Declaración fórmano as catro columnas. A primeira columna (artigos 3-11) constitúe os dereitos do individuo, como o dereito á vida e a prohibición da escravitude. A segunda columna (artigos 12-17) constitúe os dereitos do individuo na sociedade civil e política. A terceira columna (artigos 18-21) refírese ás liberdades espirituais, públicas e políticas, como a liberdade relixiosa e a liberdade de asociación. A cuarta columna (artigos 22-27) recolle os dereitos sociais, económicos e culturais. Finalmente, os tres últimos artigos constitúen o frontón que une a estrutura, xa que fan fincapé nos deberes mutuos de cada individuo para cos demais e coa sociedade. Antecedentes históricos As primeiras declaracións A Carta Magna Quizais o antecedente histórico máis antigo sexa a Carta Magna, de 1215 asinada por Xoán sen Terra. Segundo esta, Xoán debía renunciar a certos dereitos e respectar determinados procedementos legais, recoñecendo que a vontade do rei estaría suxeita á lei. Aínda que o contido da carta en boa parte está destinada a protexer os dereitos dos nobres e deixa fóra aos servos. Aínda así contén disposicións como:
A Escola de Salamanca miniatura|Estatua de Frei Antonio de Montesinos, localizada no Malecón da cidade de Santo Domingo, República Dominicana. Outro antecedente histórico atopámolo, onde xa se fala de que todos os seres humanos teñen uns dereitos inherentes independentes da súa condición, nacionalidade ou circunstancias persoais nos mestres da chamada Escola de Salamanca: Francisco de Vitoria, Bartolomé de las Casas. Estes, partindo dunha visión teolóxica cristiá e ante a situación que viven os indios, oprimidos e incluso exterminados polos conquistadores españois, lembran que son persoas, fillos de Deus, e reclaman -con moi pouco éxito- que sexa respectada a súa dignidade.
O cuarto domingo de Advento, 21 de decembro aquel ano, ou, segundo outras fontes, o 30 de novembro de 1510A data exacta varía segundo as fontes., frei Antonio de Montesinos pronuncia un famoso sermón, recollido por frei Bartolomé de las Casas, que pode axudar a entender a postura dos mestres da Escola de Salamanca:
Para os estudosos posteriores, este sermón sinala a rota que han de seguir o máis axeitado das Leis de Indias e que teólogos como Francisco de Vitoria e Domingo de Soto recollen e amplían. "A través destas expresións xurdirán as teorías teolóxico-xurídicas que amparan os dereitos propios da personalidade humana,(...) que afinca as súas raíces na doutrina de Santo TomásEn busca de los pobres de Jesucristo, pax. 57.
As revolucións burguesas do século XVIII A Independencia dos Estados Unidos A Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América é un texto aprobado polo Congreso Continental dos Estados Unidos de América o 4 de xullo de 1776 no que se anuncia que as trece colonias que se atopaban naquel momento en guerra con Gran Bretaña pasaban a constituírse en estados independentes e deixaban, polo tanto, de formar parte do imperio británico.
O ben coñecido preámbulo, contén os principios esenciais da Declaración. Constitúe ao mesmo tempo unha proclamación do que se coñece como “dereito á revolución”, que, en esencia, vén a dicir que cando un goberno viola certos dereitos fundamentais das persoas, estas teñen o dereito de “reformar ou abolir” ese goberno:
A Revolución Francesa Os líderes da Revolución, constituídos en Asemblea, promulgan o 26 de agosto de 1789 a Declaración dos dereitos do home e do cidadán
Impacto Significado thumb|upright|Mini libro, en francés, coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos da ONU
No momento da significación da Declaración pola Asemblea Xeral en 1948, Eleanor Roosevelt dixo:Citado en Hurst Hannum, "The Status Of The Universal Declaration Of Human Rights In National And International Law", Georgia Journal of International and Comparative Law, Volume 25, Number 1 (1996), p. 318. Ao dar hoxe a nosa aprobación á declaración, é de primordial importancia que teñamos claramente presente o carácter básico do documento. Non é un tratado; non é un acordo internacional. Non é nin pretende ser unha declaración de dereito ou de obrigación legal. É unha declaración dos principios básicos dos dereitos humanos e as liberdades, para ser selada coa aprobación da Asemblea Xeral mediante o voto formal dos seus membros, e para servir como un estándar común de logros para todos os pobos de todas as nacións.
A DUDH considérase pioneira por ofrecer un conxunto de principios exhaustivo e universal nun documento laico e apolítico que transcende explicitamente culturas, relixións, sistemas xurídicos e ideoloxías políticas. A súa pretensión de universalidade describiuse como "ilimitadamente idealista" e a "característica máis ambiciosa"..
A Declaración adoptouse oficialmente como documento bilingüe en inglés e francés, con traducións oficiais en chinés, ruso e español, todas elas linguas oficiais de traballo da ONU. Debido á súa natureza intrinsecamente universalista, as Nacións Unidas realizarón un esforzo concertado para traducir o documento ao maior número posible de idiomas, en colaboración con entidades privadas e públicas e con particulares. En 1999, o Libro Guinness dos Récords cualificou a Declaración como o "Documento máis traducido" do mundo, con 298 traducións; o récord volveu certificarse unha década despois, cando o texto alcanzou 370 linguas e dialectos diferentes. A DUDH alcanzou o fito de máis de 500 traducións en 2016 e, a partir de 2021, traduciuse a 530 idiomas, segue sendo o documento máis traducido.