Christopher Stephen "Chris" Copeland, nado o 17 de marzo de 1984 en Orange, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no MoraBanc Andorra da Liga ACB.

Traxectoria Tras graduarse na Universidade de Colorado en 2006, Copeland asinou cos Fort Worth Flyers da NBA Development League o 29 de marzo de 2007. Despois foise a Europa para a tempada 2007-08. Alí xogou cinco tempadas, en equipos de España, Holanda, Alemaña e Bélxica.

O 16 de xullo de 2012, Copeland asinou un contrato cos New York Knicks. Fixo o seu debut na NBA o 2 de novembro de 2012 contra os Miami Heat. O 17 de decembro de 2012, anotou 29 puntos, o máximo da súa carreira, na derrota dos Knicks por 109-86 contra os Houston Rockets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no condado de Essex, Nova Jersey‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do CB L'Hospitalet Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores do BC Andorra