Colecistectomía é unha intervención clínico-cirúrxica consistenten na exéresis ou extracción da vesícula biliar. Malia terse desenvolvido técnicas non cirúrxicas, é a técnica máis común para tratar as distintas afeccións da vesícula biliar. As posibilidades cirúrxicas a colecistectomía por vía laparoscópica e a cirurxía aberta. Esta última foi a técnica empregada historicamente, máis invasiva e cruenta. Na actualidade a tendencia é a empregar a vía laparoscópica.

Indicacións As indicacións que se teñen en conta para realizar este tipo de intervención, é en doentes que posúan unha ou máis das seguintes doenzas e/ou condicións da vesícula como:

Cálculos biliares (colelitiase). Inflamación por infección (colecistite). Dor abdominal intensa por mor dun cólico de vesícula. Bloqueo dos condutos biliares (obstrución biliar).

O resultado da colecistectomía é habitualmente satisfactorio. Os síntomas desaparecen por completo no 90% dos pacientes.

Riscos Os riscos aos que se ven sometidos os doentes intervidos dunha colecistectomía son os riscos de calquera intervención baixo anestesia xeral: Reaccións á medicación. Problemas respiratorios. Hemorraxias. Infeccións.

Categoría:Intervencións cirúrxicas Categoría:Vesícula biliar