D12 (tamén coñecido como The Dirty Dozen e D-Twizzy) é un grupo de hip hop orixinario de Detroit, Míchigan. Cos seus álbums Devil's Night en 2001 e D12 World en 2004 alcanzou o posto máis alto na lista de álbums dos Estados Unidos, Reino Unido e Australia. D12 foi formado en 1990, pero só atinxiron o éxito no mundo do rap cando Eminem, líder do grupo, acadou a fama internacional a principios de século, aínda que D12 tivese éxito no terreo underground uns anos atrás.
Membros Membros actuais D12 actualmente está composto por cinco membros: Eminem (Marshall Mathers) coñecido como Slim Shady Swift (Ondre Moore) coñecido como Swifty McVay Kon Artis (Denaun Porter) coñecido como Mr. Porter Kuniva (Von Carlisle) coñecido como Rondell Beene Bizarre (Rufus Johnson) coñecido como Peter S. Bizarre
Membros finados Proof (DeShaun Holton) coñecido como Derty Harry; morto o 11 de abril de 2006. Bugz (Karnail Pitts); morto o 21 de maio de 1999.
Membros antigos Charging Soldier; abandonou o grupo. Eye-Kyu; abandonou o grupo. Fuzz Scoota; abandonou o grupo. Killa Hawk; abandonou o grupo.
Inicios Proof formou D12 como un colectivo de rap de MC's de Detroit, entre os que se incluían a Bizarre, Eminem, Eye Kyu, Killa Hawk e Fuzz Scoota. Charging Soldier estivo no grupo brevemente, xa que o botaron por diferenzas con outros membros de D12. Varios membros comezaron a facerse un nome no hip hop a finais dos 90. Bizarre gañou o premio Inner City Entertainment's Flava of the Year, sacaría un álbum chamado Attack Of The Weirdos e converteríase nun membro de Tha Outsidaz con Eminem e Rah Digga. Proof gañou unha competicíón de freestyle da revista The Source en 1998.
Discografía Álbums The Underground EP (1997) Devil's Night (2001) #1 US (2x Platino), #1 UK (4 millóns de vendas en todo o mundo) D12 World (2004) #1 US (2x Platino), #1 AUS (Platino), #1 UK (4 millóns de vendas en todo o mundo)
Singles 2001 "Shit on You" #10 UK 2001 "Purple Pills" #19 US, #2 UK 2001 "Fight Music" #11 UK 2004 "My Band" #6 US, #2 UK, #1 AUS 2004 "How Come" #27 US, #4 UK, #4 AUS 2004 "40 OZ."
Véxase tamén Ligazóns externas D12 Web Oficial D12 Web D12 WORLD DIRTY DOZEN D-12 WORLD D12 Letras Shady Records Web
Categoría:Grupos musicais de Detroit