Editorial Monterrey foi unha editorial galega fundada en Vigo en 1950 por Luís Viñas Cortegoso e Xosé María Álvarez Blázquez. Historia e características Monterrey creouse para fomentar a edición de textos históricos en galego ou relacionados con Galicia e a publicación de nova creación literaria en lingua galega. Nos dez anos en que estivo activa (1950-1960), a editora lanzou tres coleccións distintas e un total de dezaoito títulos.
As coleccións editadas foron: Beatus Jacobus. Libros en castelán de temática relacionada con Galicia. Leixado do vento. Libros en galego. Frol e froito. Novas propostas da narrativa en lingua galega.
Títulos publicados En galego Roseira do teu mencer: 1949-1950, Xosé María Álvarez Blázquez, 1950 Poesías galegas: Égloga de Belmiro e Benigno. A Alborada, Nicomedes Pastor Díaz, 1951 Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, Xosé Ramón e Fernández Oxea, 1952 O Desengano do prioiro ou O pasamento da alegría: co grande auto epilogal e xusticieiro dos féretros de Floravia, Ramón Otero Pedrayo, 1952 Andrómenas: contos pra o pobo, Xosé Ramón e Fernández Oxea, 1953 Cancioneiro de Monfero: (Século XIII), Xosé María Álvarez Blázquez, 1953 Entremés famoso sobre da pesca do río Miño, Gabriel Feixoo de Arauxo, 1953 Santo da barba dourada. Décimas ao Apostol (c. 1617), Martín Torrado, 1953 Cancioneiriño da Virxe, 1954 Isa folla que vai po-lo río, Augusto María Casas, 1954 Nasce un arbore, Gonzalo R. Mourullo, 1954 Romance do pescador peleriño, Xosé María Álvarez Blázquez, 1954 Memorias de Tains, Gonzalo R. Mourullo, 1956 Cantiga nova que se chama Riveira, Álvaro Cunqueiro, 1957 Retrouso a Colón, Enrique Massó Bolivar, 1960
En castelán El buho gallego con las demás aves de España haciendo cortes, preside en ellas el águila real, como imperial señora de todas, Pedro Fernández de Castro, 1951 Vida y viajes literarios, Martín Sarmiento, 1952 Inéditos de Rosalía, Rosalía de Castro, 1953 Galería de gallegos ilustres, 1956 Noticias de arqueología gallega, Pedro Díaz Álvarez, 1958 Teatro venatorio y coquinario gallego o sea arte de la caza. Y arte de cocina, Xosé María Castroviejo; Álvaro Cunqueiro, 1958 La ciudad y los días: calendario histórico de Vigo, Xosé María Álvarez Blázquez, 1960
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Editoriais de Vigo Categoría:Editoriais de Galicia desaparecidas