miniatura|250px|Gansos campestres en voo. miniatura|250px|Ganso da taiga (Anser fabalis sensu stricto) ao fondo, ganso da tundra (Anser serrirostris) en primeiro plano e ganso gris (Anser anser) á dereita, en Spaarndam, Holanda Setentrional, Países Baixos
O ganso campestreConde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. (Anser fabalis) é unha especie de ave da orde das anseriformes e familia dos anátidos, unha das 11 comprendidas no xénero Anser.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1760 polo médico e naturalista inglés, especializado en ornitoloxía, John Latham, baixo o nome de Anas fabalis.Anser fabalis (Latham, 1787) no GBIF. Consultado o 30 de outubro de 2022.Anser fabalis (Latham, 1787) na BioLib. Consultada o 30 de outubro de 2022.
Etimoloxías O nome do xénero, Anser, está tomado do latín anser, -eris, "ganso".Anser no Merriam-Webster Dictionary.
O epíteto específico, fabalis, deriva do latín faba, -ae, "faba".Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, pp. 48, 157.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Anas fabalis Latham, 1787 (protónimo) Anas segetum Gmelin, 1789 Anser fabilis (Latham, 1787) Anser segetum (Gmelin)
Subespecies Recoñécense na actualidade as seguintes subespecies:Anser fabalis (Latham, 1787) no ITIS. Consultado o 30 de outubro de 2022. Anser fabalis fabalis (Latham, 1787) Anser fabalis johanseni Delacour, 1951 Anser fabalis middendorffii Severtzov, 1873 Anser fabalis rossicus Buturlin, 1933 Anser fabalis serrirostris Swinhoe, 1871
Características A súa lonxitude varía de 68 a 90 cm, a envergadura oscila entre 140 e 174 cm, e o peso, de 1,7 a 4 kg. Na subespecie Anser fabalis fabalis, os machos pesan de media 3,2 kg e as femias 2,84 kg. O pico é negro na base e na punta, cunha banda laranxa no medio; as patas e os pés son de cor laranxa brillante.Dunning, John B. Jr., ed. (1992): CRC Handbook of Avian Body Masses. Boca Raton, Florida, EE. UU.: CRC Press. ISBN 978-0-8493-4258-5.
As cobertoiras alares superiores son de cor marrón escura, como no ganso de fronte branca (Anser albifrons) e no ganso de fronte branca menor (Anser erythropus), pero diferenciándose destes por ter estreitas franxas brancas nas plumas.
A voz é unha bucinada forte, aguda nas subespecies máis pequenas.
Anas brachyrhynchus, moi emparentado, ten o pico curto, de cor rosa brillante no medio, e os pés tamén rosados, sendo as capas das ás superiores case da mesma gris azulada que no ganso gris. En tamaño e estrutura de pico, é moi similar a Anser fabalis rosicus
Distribución Existente (reprodución): Federación Rusa (Rusia Oriental de Asia), Mongolia Existente (non reprodutor): Albania, Bulgaria, Corea do Norte, Croacia, Eslovenia, España, Grecia, Irán, Italia, Luxemburgo, Macedonia do Norte, Montenegro, Países Baixos, Reino Unido, Romanía, Serbia, Suíza, Turquía De paso: Belarús Residente (non reprodutor): Alemaña, Austria, Bélxica, Bosnia e Hercegovina, Kazakhstán, Chequia, China, Corea do Sur, Dinamarca, Eslovaquia, Federación Rusa (Asia Central Rusa, Rusia Europea), Finlandia, Francia, Hungría, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Noruega, Polonia, Suecia, Taiwán, Tadjiikistán, Ucraína, Uzbekistán, Xapón. Existente e divagante (non reprodutor): Irlanda, Líbano Existente e divagante: Alxeria, Bangladesh, Canadá, Estados Unidos, Exipto, Hong Kong, India, Islandia, Mali, Malta, Marrocos, México, Myanmar, Nepal, Portugal, Kirguizistán.BirdLife International (2018): Anser fabalis na Lista vermella da UICN. Consultada o 30 de outubro de 2022.
Bioloxía Alimentación Aliméntase de herba, cereais e raíces en campos arados; por iso está moi ligado ás zonas agrarias.
Reprodución miniatura|150px|Ovos. Aniña no chan, nun burato cuberto por plumas en explanadas abertas ou en claros de bosque.
Pon unha única niñada de 4 a 6 ovos polo mes de xuño.
Cría no norte de Escandinavia, e en Siberia, en charcas da tundra.
No inverno adoita asentarse nos arredores do mar do Norte.
Comportamento Trátase dun ganso gregario que adoita regresar ós mesmo lugares de descanso, en lagos e campos de cultivo. É común velo formando bandadas.
Posúe un canto tipo trompeta, de dúas sílabas ou tres.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Anseriformes Anátidos Anser
Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1760 Categoría:Aves de Asia Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Aves de Europa