Afonso Pita da Veiga ou Alonso Pita da Veiga, nado en Ferrol cara ao ano 1480 e finado en Pontedeume en 1554, foi un militar do reino de Galicia.
Traxectoria miniatura|350px|A batalla de Pavia (1525). miniatura|Escudo do reino de Galicia ilustrado no L'Armorial Le Blancq. Bibliothèque nationale de France. 1560. Segundo fillo do rexedor de vila ferrolá, Pedro Morado e de María Fernandes da Veiga. A través da súa nai herda o señorío de Vilacornelle, un dos que posuíron os Lago, como o de Santa María de Loureda, que en 1205 foi dado en doazón polo rei Fernando a Fernán Eans en agradecemento polos servizos prestados.
Afonso Pita da Veiga adquiriu gran sona no exército galego dirixido e liderado por Fernando de Andrade polas súas intervencións nas guerras italianas acontecidas entre os anos 1513 e 1525.
O seu feito máis memorable foi a captura no campo de batalla do rei Francisco I de Francia durante a batalla de Pavia, motivo polo que recibiu do emperador Carlos V numerosas terras e propiedades na comarca de Trasancos nos arredores de Ferrol, así como o dereito a exhibir no seu escudo familiar, as flor de lises propias da monarquía francesa.
O 24 de xullo de 1529 o emperador Carlos V emitiu unha distinción para Afonso Pita da Veiga por "los buenos y leales servicios que Vos, Alonso Pita da Veiga, gallego, nuestro vasallo, nos habeis hecho en todas las guerras que se han ofrecido".
Notas
Categoría:Personalidades da Idade Media de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados no século XV Categoría:Finados en 1554