miniatura|dereita|Núcleos de células de rato (azuis) que conteñen corpos de Cajal (verdes) visualizados por fusión da proteína p80/coilina coa GFP. miniatura|dereita|Imaxe de inmunofluorescencia que revela a localización da proteína fibrilarina, e mostra a localización dos corpos de Cajal (en verde).
Os corpos de Cajal son suborgánulos esféricos de 0,3-1,0 µm de diámetro que se encontran no núcleo celular de células en proliferación como as células embrionarias e tumorais, ou células metabolicamente activas como as neuronas. A diferenza dos orgánulos citoplasmáticos máis típicos, os corpos de Cajal carecen de membrana fosfolipídica que os rodee, e consisten principalmente en proteínas e ARN procedentes do nucleoplasma circundante. Foron descubertos por Santiago Ramón y Cajal en 1903, que os chamou corpos accesorios nucleolares debido á súa asociación cos nucléolos nas células neuronais. Foron redescubertos polos microscopistas electrónicos e denominados corpos enrolados (coiled bodies, CB), pola súa aparencia de fíos enrolados nas imaxes de microscopio electrónico, e despois renomeados como corpos de Cajal. A investigación dos corpos de Cajal acelerouse despois do descubrimento e clonación da proteína marcadora p80/coilina. Os corpos de Cajal ensámblanse con ARN, o cal é utilizado pola telomerase para engadir nucleótidos aos extremos dos telómeros dos cromosomas.
Algúns compoñentes dos corpos de Cajal serían as proteínas fibrilarina, Nopp140 e NAP 57, que son tamén tipicamente nucleolares, e snRNPs. Viuse que a actina nuclear tamén podería formar parte dalgúns subtipos de corpos de Cajal, polo menos nas plantas.
Dado que está habitualmente rodeado da proteína coilina, parece que a súa interacción incrementa a eficiencia doutros procesos nucleares concentrando os seus compoñentes no corpo de Cajal, sobre todo a ensamblaxe de snRNPs, para formar o espliceosoma.
Outras estruturas similares nucleares en aparencia case idénticas aos corpos de Cajal son os GEMs (Xémini de corpos enrolados), que terían a proteína SMN. Para algúns autores ambas as estruturas son distintos estados da mesma estrutura.Matera AG, Frey MA.. Coiled Bodies and Gems: Janus or Gemini?. DOI:10.1086/301992. PMID 9683623. Algunhas enfermidades hereditarias neuromusculares poderían estar asociadas coa SMN.
Historia Os corpos de Cajal foron descubertos polo neurobiólogo aragonés Santiago Ramón y Cajal en 1903 como pequenas manchas arxirofílicas nos núcleos de células neuronais usando tinguidura de prata. Debido á súa estreita asociación cos nucléolos deulles o nome de corpos nucleolares accesorios. Posteriormente, foron esquecidos e redescubertos varias veces independentemente, o que fixo que científicos de diferentes campos de investigación lles deran distintos nomes, entre os que estaban "orgánulos esfera", "Binnenkörper", "corpos nucleolares" ou "corpos enrolados". O nome corpos enrolados vén das observacións dos microscopistas electrónicos Monneron e Bernhard, que describiron estes corpos como agregados compostos de filamentos enrolados con grosores de 400-600 Å. Cando utilizaron un maior aumento, parecían como diminutas fibrilas de 50 Å de grosor enroscadas irregularmente ao longo do eixe dos filamentos. Predíxose que os corpos estaban formados por ribonucleoproteínas, xa que tratando as células con protease e ARNase conxuntamente, pero non por separado, causábase un drástico cambio na estrutura dos corpos de Cajal. Finalmente recibiron o nome de corpos de Cajal, en honor ao seu descubridos, grazas ao investigador J. G. Gall..
Localización Os corpos de Cajal só se atopan no núcleo das células de plantas, lévedos e animais. Aparecen en células que mostran xeralmente grande actividade transcricional, incluíndo as células que están dividíndose rapidamente.
Corpos de Cajal e ciclo celular Miden arredor de 0,1-2,0 micrómetros e atópanse en número dun a cinco por núcleo. O número varía en diferentes tipos de células e segundo o momento do ciclo celular. O máximo número atínxese en metade da fase G1, e cara á G2 fanse máis grandes e o seu número decrece. Os corpos de Cajal desensámblanse durante a fase M e reaparecen de novo na fase G1. Estes cambios débese probablemente a que os corpos de Cajal son posiblemente sitios de ensamblaxe ou modificación da maquinaria de transcrición do núcleo.
Funcións Os corpos de Cajal únense ao nucléolo por moléculas da proteína coilina. A P80-coilina é un marcador específico dos corpos de Cajal, e a demostración destes corpos tende a estar asociada co nucléolo cando as células non están dividíndose.
Os corpos de Cajal foron implicados en procesos metabólicos relacionados co ARN como a bioxénese, maduración e reciclaxe das snRNPs, procesamento de histonas e do ARNm, e mantemento dos telómeros.Cioce M, Lamond A. Cajal bodies: a long history of discovery. DOI:10.1146/annurev.cellbio.20.010403.103738. PMID 16212489.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Célula intersticial de Cajal
Categoría:Orgánulos Categoría:Bioloxía celular