Adenoidectomía é o nome dado ao procedemento cirúrxico caracterizado pola exérese do tecido linfoide localizado na parte superior da nasofarinxe humana, coñecidas como adenoides ou amígdalas farínxeas. En idades infantís, é frecuente realizar esta intervención ao mesmo tempo que se realiza a exérese das amígdalas palatinas, intervención denominada adenoamigdalectomía. O procedemento realízase baixo anestesia xeral, e o postoperatorio é polo xeral pouco doloroso. A dor postoperatoria pode tratarse con calmantes, mais polo xeral abonda coa inxesta de alimentos fríos ou conxelados. William Meyer foi o primeiro cirurxián en realizar unha internvención deste tipo.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Adenoides Amigdalectomía Ligazóns externas Información sobre a intervención

Categoría:Cirurxía Categoría:Otorrinolaringoloxía