Nogueiroa é un lugar da parroquia de Parada de Labiote no concello ourensán do Irixo na comarca do Carballiño. Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 28 eran homes e 41 mulleres. Lugares de interese O lugar ten unha capela dedicada a Santo Antonio de construción recente no sitio do Reboiro. Baixo a capela hai un lavadoiro cunha placa conmemorativa da traída da auga ao lugar. Fronte á capela, está un cruceiro. A praza está rodeada de canastros herdanza do uso que a eira tiña tradicionalmente. Hai outras eiras de canastros como a eira da Tía Rosiña. No fondo do lugar hai unha fonte pública de auga potábel.

Seguindo a estrada para Parada, antes da última casa, hai unha verea que baixa para o Porto do Río onde está a ponte vella que cruza o río en dirección á parroquia de Parada de Labiote. A estrada Parada-Xendive OU-0416 cruza o río en Nogueiroa en dous puntos. Subindo desde a segunda ponte para Parada, está o camiño para Cernado, con elementos propios dos valados tradicionais.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Parada de Labiote

Parroquias do Irixo

Notas

Categoría:Lugares do Irixo