O Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas (en ) aloxa moitos dos obxectos arqueolóxicos máis importantes atopados en Grecia dende a prehistoria ata a antigüidade tardía. Considérase un dos grandes museos do mundo, contén a mellor colección de obxectos da antiga Grecia que se pode atopar no mundo.Ministerio de Cultura Grego, Museo Arqueolóxico Nacional Sitúase no centro de Atenas, no barrio de Eksarhia, a entrada está localizada na Avenida Patission, adxacente ao edificio, tamén histórico, que aloxa a Universidade Politécnica Nacional de Atenas.
Está organizado en cinco temas máis ou menos cronolóxicos: a colección prehistórica (do século VI aC ao século XI aC), a colección de esculturas (século -VII ao século -V), a colección de cerámicas (século XI aC á Grecia romana), a colección de bronces, máis as coleccións exipcia e do Oriente Próximo.
O museo tamén alberga unha extensa colección de fotografías, unha biblioteca de investigación, laboratorios de conservación dos obxectos en metal, terracota, pedra e materia orgánica, un laboratorio fotográfico e máis un laboratorio químico. O museo acolle tamén exposicións temporais. Dispón dunha sala de actos, dunha gran tenda e máis dunha cafetería instalada nun atrio. Historia miniatura|esquerda|O edificio do "Hephaisteion", que aloxou o museo durante un tempo. No 1827, durante a guerra da independencia grega, a asemblea nacional de Trozen votou o artigo constitucional que prohibía toda exportación de antigüidades. No 1829, a cuarta asemblea nacional reforzou esta prohibición e o novo κυβερνήτης (gobernador), Ionnis Kapodistrias, tomou disposicións legais para levala a cabo. O 21 de outubro de 1829 tamén decidiu fundar o primeiro museo nacional arqueolóxico de Grecia, o cal foi instalado no edificio dun orfanato en Exina. O seu primeiro director principal foi o erudito de Corfú Andreas Moustoxydis. No 1830 publicouse un primeiro catálogo, realizado por L. Kambanis. O museo seguiu o desprazamento da capital e instalouse sucesivamente en Nauplia, despois dende o 1834 en Atenas no "Hephasteion", a Torre dos Ventos ou a Biblioteca de Adriano.
A primeira das leis gregas relativas á arqueoloxía, votada en 1834, prevía a construción dun edificio específico para acoller o "Museo público central de antigüidades", como se decidiu chamalo naquel momento. Así mesmo, isto tardou bastante, xa que se foron rexeitando os proxectos un tras outro. O aumento das coleccións, en gran parte a causa dos traballos das escolas arqueolóxicas estranxeiras que se encontraban traballando en Grecia, fixo tornar máis urxente a construción, que comezou finalmente no 1866. Edificio miniatura|Estatua de bronce de Zeus ou Poseidón chamada Deus do cabo Artemision, (-460), altura de 209 x 210 cm de ancho. Museo Arqueolóxico Nacional de Atenas. O primeiro museo arqueolóxico nacional de Atenas creouse polo ministro de Grecia Ioannis Kapodistrias, mediante un concurso arquitectónico nacional que se anunciou para a situación e deseño arquitectónico do novo museo.The National Archaeological Museum (2000) Euangelia Kypraiou Archaeological Receipts Fund Direction of Publications, Athens Greece A construción comezou no 1866 e rematou en 1889 con fondos do goberno grego, a sociedade arqueolóxica e a sociedade de Micenas. Os principais benfeitores foron Eleni Tositsa, que doou o terreo en que se situaría o edificio do museo, e Demetrios e Nikolaos Vernardakis, de San Petersburgo, que doaron unha gran cantidade de diñeiro para a terminación do museo. O nome inicial do museo foi o de Museo Central, recibindo a súa actual denominación no 1881, por orde do entón primeiro ministro de Grecia, Charilaos Trikoupis. No 1887 Valerios Stais, arqueólogo prominente, foi nomeado director do museo.
Durante a segunda guerra mundial o museo pechou as portas, e as antigüidades aloxadas no seu interior foron pechadas e enterradas en caixas protectoras coa finalidade de evitar a súa destrución e/ou saqueo. No 1945 o museo reabriu as portas baixo a dirección de Christos Karouzos. Na parte frontal do edificio hai un gran xardín de estilo neoclásico decorado con estatuas. Construción miniatura|esquerda|Leo von Klenze (fotografía de Franz Hanfstaeng, 1856). Confiouse a Leo von Klenze un primeiro proxecto no 1834, o arquitecto de Lois I de Baviera, pai do rei Otto de Grecia. Von Klenze foi o arquitecto da Alte Pinakothek de Múnic. Inspirouse nunha parte deste último edificio para a "Galería nacional de escultura" prevista no ángulo sueste do Acrópole de Atenas (onde se creou máis tarde o museo do Acrópole). Pero xulgouse o proxecto como demasiado austero. Von Klenze propuxo un novo edificio, máis impoñente, que chamou "Pantecheion" e que prevía construír sobre o Aghios Athanasios, no Cerámico (alí onde este mesmo arquitecto previra edificar o Pazo Real tempo atrás). O proxecto propoñía dous edificios asimétricos: un rectangular e unha rotonda conectados por un pórtico, que debía recordar ao Propileo e ao Erecteion da Acrópole de Atenas. O custo demasiado elevado do proxecto impediu a súa realización.Grèce. Guide Gallimard. (1998) páx.233
Outros arquitectos europeos propuxeron entón os seus propios proxectos, todos rexeitados. Finalmente, o rei Otto de Grecia organizou unha axuda internacional, o 30 de xuño de 1858, revisado pola Academia de Belas Artes de Múnic. Novamente, rexeitáronse catorce proxectos en total, presentados ao público en 1871, aínda que este someteu a plebiscito o proxecto dun arquitecto italiano, Arturo Conti. O rei concedeulle entón a Cruz do Salvador.
Ludwig Lange, profesor de arquitectura da Academia de Múnic e autor do museo de Leipzig, propuxo por iniciativa propia, un novo proxecto: un edificio cadrado, organizado ao redor de dous corpos, cunha columnata na fachada. A caída de Otto I e os problemas financeiros do país impediron novamente que o proxecto se levase a cabo e esqueceuse a proposta de Lange. Unha campaña de prensa, dende o 1864, pedía a construción do museo. Creouse un comité para reflexionar dende os planos de Conti. Os de Lange redescubríronse entón e xulgáronse superiores. O 24 de febreiro de 1865, un decreto real de Xurxo I de Grecia decidiu a construción, confiada ao arquitecto Panagiotis Kalkos, dun "Museo arqueolóxico nacional", sobre o Aghios Athanasios, dende os planos de Lange. Os traballos comezaron, pero o sitio, no centro dun depósito arqueolóxico formulou problemas, e os traballos paráronse. Eleni Tositsa ofreceu un terreo, ao lado da Universidade Politécnica Nacional de Atenas, coa finalidade de construír o museo. Asinouse un novo decreto real, o 23 de marzo de 1866 e colocouse a primeira pedra o 3 de outubro de 1866 en presenza do soberano, o goberno, os deputados e os membros da Igrexa Ortodoxa Grega. miniatura|Plano do museo no 1881 A construción atrasouse, así mesmo, a causa da morte de P. Kalkos, substituído despois dalgúns problemas de financiamento por Harmodios Vlachos. A parte central da á occidental rematouse en 1874. O principal cambio con relación ao proxecto de Lange era a desaparición da columnata. Contactouse con Theopil Hansen e propúxoselle proseguir a construción. Negouse: non lle gustaba o proxecto de Lange, polo cal suxeriu empezalo de cero, no sur da Acrópole, cun custo de sete millóns de dracmas. O Estado grego negouse. Finalmente, o seu alumno, Ernst Ziller aceptou tomar o relevo. Alterou os plans de Lange e outorgou ao museo o seu aspecto neoclásico. Retomou a proposta que presentara para o museo arqueolóxico de Olimpia: un pórtico con catro columnas xónicas na fachada e unha a cada lado da porta; dúas galerías laterais con pilastras cadradas rematas por un pórtico cun frontón baleiro e das estatuas de terracota polo soportal. A á meridional completouse en 1885 e a setentrional en 1889. Comezado no ano 1866, o edificio principal, rematado en 1889 grazas ao financiamento do Estado grego (que dende 1854 reservara sobre o seu presuposto anual a insuficiente suma de 10.000 dracmas), da Sociedade arqueolóxica de Atenas e de mecenas como Eleni Tositsa que doou o terreo; Dimitrios Bernadakis, un grego que vivía en San Petersburgo, que doou 200.000 dracmas en 1856 e despois do seu fillo, Nikolaos, que entregou 100.000 francos a comezos dos anos 1870.
Dende os primeiros anos, o museo foi insuficientemente grande como para acoller as coleccións cada vez máis abundantes. Realizouse unha primeira ampliación, dende 1903 ata 1906: engadíronse tres salas, creadas polo arquitecto grego Anastásios Metaxás, cara ao leste, no eixe da entrada principal. Novamente, foi rapidamente insuficiente. Realizouse unha nova extensión, maior esta vez, entre 1932 e 1939, da man do arquitecto grego George Nomikos, sempre cara ao leste. A ampliación de 1903-1906 foi demolida e substituída por un edificio de dous pisos onde foron instaladas as oficinas e os laboratorios, e tamén o almacén no subterráneo. Outorgouse ao museo a súa organización actual, con aproximadamente 8.000 m² de exposición.
Primeiras presentacións e renovación miniatura|Cabeza pintada de pedra calcaria dunha deusa procedente de Micenas circa 1300 aC-1250 aC A transferencia das coleccións nacionais comezou dende 1874, ao mesmo tempo que o edificio estaba aínda en construción. O primeiro ministro, Charilaos Trikoupis, suxeriu no 1881 bautizar definitivamente ao "Museo Central" como "Museo Nacional arqueolóxico". Ás coleccións xa reunidas en Atenas achegáronse obxectos de todo o país. En 1884, a Sociedade arqueolóxica de Atenas comezou a transferir as súas coleccións. O coleccionista grego Ioannis Dimitriou fixo subvención da súa colección de arte exipcia no ano 1890. Outros coleccionistas fixeron o mesmo: Eleni Stathatou, Konstantinos Karapanos e Grigorios Empedoklis. A primeira presentación das coleccións das antigüidades levouse a cabo principalmente por Panagiotis Kavvadias, coa axuda de Chrístos Tsoúntas para a prehistoria, e por Velerios Stais para os obxectos pequenos. Coas temáticas de: escultura, cerámica, pequenas estatuas en terracota e en bronce, inscricións (agora desprazadas ao Museo Epigráfico de Atenas), a colección micénica e a exipcia. A medida do museo, relativamente pequeno nos principios do século XX, facía que se acumulasen bastante as coleccións: as estelas, por exemplo, colgaban da parede como cadros.
Durante a segunda guerra mundial, dispersouse unha gran parte das coleccións para evitar os saqueos: ocultadas debaixo de area nas reservas do museo, baixo as mesmas salas do museo, en fosos cavados para a ocasión, nas caixas do Banco de Grecia ou tamén nas grutas da periferia ática. Durante a Guerra Civil Grega o edificio sufriu danos polos combates e tamén foi empregado como prisión. Foi necesaria unha restauración do edificio, principalmente do teito. Durante estes traballos, financiados polo plan Marshall, concentrouse unha presentación reducida das coleccións en dez salas da á occidental. A reapertura parcial tivo lugar en 1946 cunha exposición que celebraba o centenario da Escola francesa de Atenas. Seguidamente, o director do museo, Christos Karouzos e a súa esposa Semni Karouzos reorganizaron as coleccións por unha orde cronolóxica que cambiou os espazos. O museo abriu novamente, de forma íntegra, en 1964. A colección exipcia expúxose novamente a partir do 1994. O museo actualmente miniatura|250px|esquerda|upright=1.5|Plano da planta baixa