A Lavandeira é un lugar da parroquia de Ferreira de Pantón no concello de Pantón, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal (INE) en 2012 tiña dez habitantes (seis homes e catro mulleres).
Historia Este lugar da parroquia posúe unha estreita relación co mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón. Dado que o muro exterior deste templo linda con esta aldea, un gran número de habitantes da Lavandeira labraron as terras do mosteiro cisterciense ao estar tan próximas a elas. Nesta aldea mesmo moía un muíño (agora en ruínas) no río Ferreira.
Lugares e parroquias Lugares de Ferreira de Pantón
Parroquias de Pantón
Categoría:Lugares de Pantón