miniatura|Ferrari 250GT Berlinetta. miniatura|Ferrari FXX. Berlinetta (do italiano) é un deportivo con carrozaría pechada (un cupé), xeralmente con dous asentos, un bipraza, o tipo tamén pode incluír un 2+2.

Introducido na década de 1930, o termo foi popularizado por Ferrari en 1950. Maserati, Opel, Alfa Romeo, e outros fabricantes europeos de automóbiles tamén utilizaron a etiqueta Berlinetta.

En América do Norte, Chevrolet tamén produciu unha versión do Chevrolet Camaro chamado Berlinetta, de 1977 a 1986. O modelo ofrecía toques europeos de estilo para subliñar o interior en lugar do rendemento do coche, que fora durante moito tempo o principal punto de venda do Camaro.

Categoría:Carrozarías