A tempada 2001-2002 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 35 da máxima categoría do rugby en España. A tempada rematou coa vitoria final no campionato para o equipo acabado de ascender Moraleja Alcobendas Rugby Union (comunmente chamado MARU) por primeira e única vez na súa historia.

O VRAC era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron o CAU Valencia e o CR Cisneros, que ocuparon os lugares de Oviedo e Liceo Francés, descendidos o ano anterior.

Clasificación

División de Honra — Tempada 2001/02PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PTS+PTS- 1 MARU 32 18 16 0 2 942 165 2 CR El Salvador 28 18 14 0 4 431 373 3 Real Canoe NC 24 18 12 0 6 611 274 4 UE Santboiana 23 18 11 1 6 450 347 5 VRAC 20 18 10 0 8 384 303 6 Univ. Sevilla 15 18 7 1 10 380 463 7 CAU Valencia 12 18 6 0 12 289 638 8 CR Cisneros 10 18 5 0 13 306 679 9 CR Ciencias 8 18 4 0 14 318 551 10 Getxo RT 8 18 4 0 14 240 558A vitoria vale 2 puntos e o empate 1.

<<<< 2000/01 — Tempadas — 2002/03 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

La Moraleja Alcobendas conseguiu o campionato nacional de liga, con 32 puntos en 18 xornadas. Foi o 1º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, Ciencias e Getxo, descenderon de categoría ó remate da tempada. O fidxiano Sireli Bobo, do Canoe, liderou a táboa de ensaiadores da liga, con 20 ensaios; mentres que Martín Kafka, do MARU liderou a táboa de anotadores con 241 puntos. Os equipos Rugby Club Valencia e Rugby Club L'Hospitalet, da División de Honra B, acadaron o ascenso para competir na tempada 2002-03 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2001-02

Ligazóns externas Resultados finais da liga publicados polo Club Alcobendas Rugby con motivo do 10º aniversario do seu título de liga

Categoría:Rugby en 2002 Categoría:División de Honra de Rugby