A Marola é un pequeno illote situado fronte á costa de Dexo-Serantes, no concello de Oleiros na Comarca da Coruña.
Xeografía
A Marola está situada xusto na confluencia das rías de Ferrol, Betanzos e Coruña, polo que é unha zona de correntes e ondas debido ás cales xurdiu o refrán: "Quen pasou a Marola, pasou a mar toda".A Marola, Seixo Branco
Esta zona oleirense foi declarada monumento natural en 1998.
O illote pódese observar, cunha magnífica vista do Cabo Prior, a Ría de Ares, o faro de Mera e da cidade da Coruña, dende o Seixo Branco, pertencente á xa nomeada costa de Dexo-Serantes.
Os concellos da Coruña e Oleiros adicaron senllas rúas ao illote no barrio de Monte AltoA rúa Marola será este verán a primeira peonil de Monte Alto e en Dexo,Oleiros vai investir case 600.000 euros nunha nova campaña de asfaltado de rúas respectivamente.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas ¿Sabes de dónde proviene el dicho «quen pasou a Marola pasou a mar toda»? (27/7/2022) infoleiros.com .
Categoría:Oleiros Categoría:Illas da provincia da Coruña