Ángel Serran Yubero, coñecido como Ángel Serrano, nado o 12 de marzo de 1942 en Madrid e un ex xogador e ex-adestrador profesional de baloncesto internacional español que xogou durante a meirande parte da súa carreira no Club Baloncesto Breogán de Lugo da Liga Española de Baloncesto. Como adestrador destaca a súa campaña 1986-1987 co Breogán na liga ACB. Foi internacional absoluto con España en 23 ocasións.
Traxectoria Xogador Formado na canteira do Colexio Ateneo de Madrid, chegou ao primeiro equipo xogando dúas tempadas en Segunda División.Ángel Serrano. Consagración en el Kas Posteriormente xogaría no Agromán de Madrid durante dúas temporadas, para finalmente asinar durante un ano co Real Canoe. Posteriormente marcharía de Madrid cara Vitoria para asinar co equipo no que transcorreu case toda a súa carreira, o SD Kas de Vitoria. Finalmente xogaría un último ano no Club Baloncesto Breogán de Lugo.
20px|border Ateneo Madrid (1961-1963) 20px|border CB Agromán (1963-1965) 20px|border Real Canoe (1965-1966) 20px|border SD Kas (1966–1968) 20px|border|ACB Breogán Lugo (1968–1976)
Internacional Ángel Serrano foi 23 veces internacional coa selección de baloncesto de España absoluta. Con ela participaría nos Xogos Mediterráneos de 1967, onde acabou no sexto lugar, no Eurobasket do mesmo ano, acabando na décima posición e no Mundial Extraordinario de Chile.
Adestrador Como adestrador comezou na categoría xuvenil do Canoe para posteriormente adestrar ao primeiro equipo. Finalmente, anos despois, adestraría unha última tempada no Club Baloncesto Breogán da liga ACB.
20px|border Real Canoe 20px|border|ACB Breogán Lugo (1986–1987)
Estilo Ángel Serrano era un aleiro que destacaba no xogo colectivo, defensa e tiro exterior.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ángel Serrano: Consagración en el Kas Leche Río Breogán Selección española absoluta 1967
Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Adestradores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Adestradores de baloncesto de España Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de España Categoría:Nados en 1942