El Baluarte de Galicia foi un periódico editado en Mondoñedo en 1893.

Historia e características Apareceu o 27 de febreiro de 1893. Saía á rúa bisemanalmente, os luns e os xoves nun principio,El Lucense, 2-3-1893, p. 3. e despois os mércores e sábados. Periódico político de Viveiro e Mondoñedo ao servizo do deputado liberal Servando Fernández Victorio. Estaba dirixido por Alfredo García Dóriga, Antonio Ibáñez Conde era redactor,El Lucense, 18-9-1893, p. 2. e entre os seus colaboradores figuraban Antonio Noriega Varela e José María Riguera Montero. Mantivo polémicas con El Diario de Mondoñedo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Lugo

Categoría:Prensa escrita de Mondoñedo Categoría:1893 en Galicia