O inositol pentaquisfosfatoChemSpider inositol pentakisphosphate.CHEBI myo-inositol 1,3,4,5,6-pentakisphosphate (ou inositol pentafosfato, abreviado como IP5 ou IP5) é unha molécula derivada metabolicamente do inositol tetraquisfosfato por adición dun grupo fosfato pola acción do encima inositol polifosfato multiquinase (IPMK). Crese que é un dos moitos segundos mensaxeiros que pertencen á familia do inositol fosfato. Está implicado en moitas respostas biolóxicas e patofisiolóxicas, como a tumoroxénese, invasión tumoral e metástase, polo que os inhibidores específicos da quinase poderían ser útiles na terapia contra o cancro.
O IP5 xoga tamén un papel na sinalización celular nas respostas de defensa das plantas. Potencia a interacción da hormona vexetal JA-Ile do grupo dos xasmonatos co seu receptor.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Inositol Fosfoinosítidos
Categoría:Organofosfatos