A tempada 2012-2013 da Aviva Premiership é a vixésimo sexta edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga toma o nome Aviva do seu principal patrocinador, unha importante empresa aseguradora.
Formato da competición O torneo está composto por 12 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.
O sistema de puntuación é o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios. 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.
A liga comezou o 1 de setembro de 2012, e rematará o 25 de maio de 2013 coa gran final.
Táboa
Semifinais e final
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Premiership
Categoría:Rugby en 2013 Categoría:Liga inglesa de rugby