Uxía Casal Silva, nada en Santiago de Compostela o 13 de maio de 1957, é unha escritora galega de literatura xuvenil de ficción científica.

Traxectoria Licenciada en Historia da Arte Moderna e Contemporánea en 1979 e en Filoloxía Española en 1984 na Universidade de Santiago de Compostela. Nese último ano marchou para Ourense, onde deu clase de Lingua e Literatura Galegas durante dezaoito anos. Xubilada en 2003 por problemas de saúde. Viviu en Nigrán e Ribeira.

O colectivo A Sega escolleuna como A Nosa Señora das Letras do 2021, no VIII Día das Galegas nas Letras.

Obras Literatura infanto-xuvenil Un ano de fábula en catro estacións (1994). Sotelo Blanco. 88 páxs. Ilustracións de Ana Costas. ISBN 978-84-7824-211-5. As ás de Xenoveva (1996). Galaxia, Árbore. 132 páxs. ISBN 978-84-8288-759-3. Saturno tamén é deus (1997). Galaxia, Descuberta. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-163-8. Relatos. O faro de Arealonga (2001). Xerais. 264 páxs. ISBN 978-84-8302-707-3. ePub: ISBN 978-84-9121-173-0. Novela. Sede en Ourense (2005). Galaxia, Costa Oeste. 108 páxs. ISBN 978-84-8288-798-2. Novela.

Narrativa Vidas exemplares (2006). Xerais. 160 páxs. ISBN 9788497824699. Relatos.

Obras colectivas Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón. Narradoras (2000). Xerais. Longa lingua (2002). Xerais. Tarde de aventuras, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (2006). Xunta de Galicia. From the beginning of the sea (De onde comeza o mar) (2008). Foreign Demand.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da autora Entrevista de Erik Dobaño en Adiante Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1957 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Día das Galegas nas Letras