Wario Land 3, coñecido no Xapón como ), é un videoxogo estreado para Game Boy Color no 2000. Neste xogo, o rival de Mario, Wario debe ceibar unha misteriosa figura que está atrapada nunha caixa de música. Lanzouse para a Virtual Console de Nintendo 3DS en 2013, e como parte do servizo de Nintendo Switch Online o 8 de febreiro de 2023.
Descrición O videoxogo é semellante ó seu antecesor Wario Land II. Wario é inmortal pero aínda así os inimigos pódeno danar, e polo tanto os crebacabezas serán máis complicados. Malia que algúns inimigos outorgaranlle transformacións que se poderán usar para acceder a outras áreas, o protagonista deberá viaxar por tódolos niveis para poder atopar novas habilidades e tesouros para poder acceder a outros niveis e completar o xogo. O mundo da caixa de música divídese en catro áreas: Leste, Oeste, Norte e Sur; cada unha cos seus niveis.
Cada nivel ten catro cofres de tesouros coas súas chaves cada unha. As cores dos cofres están na orde aproximada na que están pensados para ser abertos; gris, vermello, verde e azul. Esta orde non é fixa, xa que a miúdo cando un cofre do tesouro non pode ser alcanzado, Wario debe retroceder e recuperar un novo artigo para facelo accesible.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Wario Land: Super Mario Land 3 Wario Land II
Ligazóns externas Official Nintendo Japan Wario Land 3 site Wario Land 3 at GameSpot
Categoría:Videoxogos de 2000 Categoría:Videoxogos de Game Boy Color Categoría:Videoxogos de Virtual Console para Nintendo 3DS