dereita|thumb|300px|San Xurxo e o dragón. Relevo en Salceda de Caselas, Galicia. Xurxo é un nome propio masculino galego. Ten a súa orixe no grego Geṓrgios, derivado de geōrgós 'labrego, agricultor', a través do latín tardío Georgius.
En xaneiro de 2023 existían 503 varóns en Galicia co nome Xurxo, cunha media de idade de 23,6 anos.Nome Xurxo na Web do Instituto Galego de Estatística
Etimoloxía O nome deriva da lingua grega coma γεωργός (geōrgos), "labrego", "o que traballa a terra",γεωργός, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus que se converteu no antropónimo grego: Γεώργιος (Geōrgios), e o seu correspondente latino: Georgius. A palabra "γεωργός" é un composto formado polas verbas, γῆ (gē), "terra", "solo"γῆ, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus e mais ἔργον (ergon), "traballo".ἔργον, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus Na Grecia actual, a forma Γιώργος (Yórgos) é a comunmente empregada de xeito coloquial. Do latín Georgius ([γeorγius]) pasou ao galego antigo coma Jorge e Jurjo ([ʒuɾʒo] ou [tsurtso]) evolucionando ao galego como Xurxo.
Historia En Occidente, o nome coñécese a partir do século XI grazas ás cruzadas. O nome espallouse por mor á popularidade de San Xurxo e a súa lenda Áurea, moi estendida nas cortes europeas do século XIII, onde aparecía a coñecida lenda do santo mailo dragón.
O nome fica sorprendentemente popular nos últimos 1500 anos e supera facilmente en número a nomes coma Santiago, Carlos, Henrique, Ricardo, Lois, Paulo ou Miguel. O nome tamén é común no Reino de Galiza, onde xa aparece en documentos medievais coma Jorje ou Jurjo. No reino de Aragón San Xurxo equiparouse co de Xacobe ou Santiago: as populares festas de "Mouros e Cristiáns" de Alcoi teñen a súa orixe na tradición que fixo aparecer a San Xurxo durante un asedio; é unha lenda paralela á de Clavijo. En Alemaña, o nome foi moi popular dende a Idade Media, decaendo o seu uso posteriormente. Na Gran Bretaña, malia ser San Xurxo o padroeiro de Inglaterra dende o século XIV, o nome non se popularizou até o século XVIII a raíz da entronización de Xurxo I de Gran Bretaña. Nos EUA, as estatísticas de metade do século XIX colocábano entre os cinco nomes máis populares dados aos meniños. A tendencia mantívose até os anos 1950, nos que o nome comezou a perda da súa popularidade. A mesma tendencia deuse en Francia: de ser un dos dez nomes máis populares a comezos do século XX, logo pasou á posición 20. En Galiza, como ocorre coa maioría dos antropónimos, é máis común a versión castelá do nome Jorge que a galega Xurxo, que só a levan 390 varóns novos. Moi diferente é o caso de Cataluña, onde en 2001 Jordi foi o 10.° nome máis popular para meniños varóns, sendo a frecuencia absoluta de "Jordi" 72.500 persoas. Neste caso semella que o nome se popularizou no século XX. Nos anos 30 e 40 a popularidade era só do 8% aproximadamente.
Traducións
Albanés: Gjergj Alemán: Jörg, Georg, Jürgen, Jorn, Jurgen, Gorgel, Görries (s. XVI), Görris (s. XVI), Jeorg, Jorg, Gorg, Gerg, dialecto suavo: Schorsch, Jörg dialecto austríaco: Girgel baixo alemán: Gorch dialecto silesio: George, Georgius, Jorge, Jörg, Jurg, Jürge, Jurge, Jörgl, Gurge Árabe: (Jirjis), (Jirjís), (Jurj) Aragonés: Chorche, ChorchiEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Armenio: Գէորգ Asturiano: Xurde Búlgaro: Георги, Джордж Castelán: Jorge Catalán: Jordi Checo: Jiří; diminutivos: Jíra, Jirka, Jiřík, Jiříček, Jiroušek, Jiran, Jiránek Chinés simplificado: 乔治 (George ing.), 佐殊 (Georges fr.), 豪尔赫 (Jorge es.) Chinés tradicional: 喬治 (George ing.), 豪爾赫 (Jorge es.). Coreano: 영국왕의 이름, 조지상, 갈색 토기의 큰 물주전자, 성 조지, 자동 조종 장치, 근사한 것], 근사한 사람, 뛰어난 것, 뛰어난 사람 Córnico: Jory; diminutivos: Jord, Jorj, Joran Corso: Ghjorghju; diminutivos: Giogi, Giorgetti Copto: Γεώργιος Croata: Goran, Georgije Danés: Jørgen, Georg, Jørn, Jörn, Jorck, Jorre, Jory, Joris Escocés: Seòras, Seòrsa, Deòrsa, Dod Eslovaco: Džordž, Juraj Esloveno: Jure, Georgius, Jurij, Juraj Esperanto: Georgo Estoniano: Jüri Éuscaro: Gorka (forma inventada por Sabino Arana), Jurgi, Jurtzi (formas medievais) Feroés: Jorgen Finés: Yrjö, Jorre, Jyrki, Jori, Yjo, Yrjänä Francés: Georges, Jorioz (en Savoia), Jore (en Normandía); diminutivos: Jojo, Zizi Frisón: Jörn, Joren, Jurg; diminutivo: Joris Friulano: Zorç Galego: Xurxo, Jurjo (reintegracionista), Xurdo, Xorxe. Galés: Siôrs, Siôr, Siors, Siorys Grego: Γεώργιος, Γιώργος Hawaiano: Keoki Hebreo: בוסתנאי (Bustenai, equivalente arameo que significa xardineiro ou granxeiro) Húngaro: György, Gyuri, Gyurika Inglés: George, Jorin, Yorick; diminutivos: Geordie, Geordi, Georgie irlandés: Seoirse Islandés: Jörgen, Georg Italiano: Giorgio, Iorio; diminutivos: Gino, Giorgino Latín: Georgius Letón: Juris, Jurģis, Georgs, Jorens Lituano: Jurgis Maltés: Ġorġ Manx: Shorys Maorí: Hori Neerlandés: Joris, Joren, Sjors, Jorre, Goris, Ioris, Jurg, Youri, Joeri Noruegués: Georg, Jörgen Occitano: Jòrdi, Jordi (antic), Jòrgi, Jòrli, Jòri Persa: ﺟﻮﺭﺝ Polonés: Jerzy,; diminutiu: Jurek Portugués: Jorge Romanés: Gheorghe, Iorghu, Iorgu; diminutivos: Gheorgan, Gheorghian, Ganea, Ghica, Gorghie, Gorghe, Gog, Goga, Gogan, Gogancea, Gogea, Gogotă, Gogu, Giura, Giurău, Giurcan, Iorga, Iordache, Iorgan, Iorgu, Iorgache, Iuca, Iorda, Giurgiu, Giurgică, Giurgilă, Jurj, Jury, Jurg, Jurga, Jurja, Jura, Iurg, Iurga, Iuga, Gociu, Gorea, Gaţa, Goţi, Gotea, Gheţea, Zorez, George, Gică, Egor, Ghera, Gherea Ruso: Юрий, Георгий, Егор, Егорий, Джордж; diminutivos: Гога, Гора, Гоша, Юра, Жора, Жорочка, Гошенька, Жорка, Гошка Serbio: Ђорђе Serbocroata: Džordž Sorbio: Jurij Sueco: Göran, Örjan, Jörgen, Jöran, Georg, Goran Sundanés: Jurgis Turcomán: Jorj Turco: Jorj Ucraíno: Георгій, Георгіие, Юра, Джордж Xaponés: ジョージ (George ing.), ジョルジョ (Giorgio it.), ゲオルギオス (Γεώργιος gri.), ヨルゴス (Γιώργος gri.), イェーオリ (Georg sue.), ホルヘ (Jorge esp.), イジー (Jiří che.), ギオルグ i ギオル (Georg dan.), ヨーウエン (Jørgen dan.), ヨーアン (Jorn dan.), ジェルジ (György hun.), ジョルジュ (Georges fra. i George neerlandés), ジョルジェ (Jorge por.), ゲオルギウス (Georgius lat.), ゲオルギイ (Георгий rus.), ユーリイ(Юрий rus.), ゲオルク (Georg ale.). Xeorxiano: გიორგი Yiddish: Georg
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xurxo de Capadocia Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos