Pedro Barrié Pastor, nado na Coruña o 30 de xullo de 1843 e finado na mesma cidade o 27 de xaneiro de 1919, foi un banqueiro e empresario galego.

Traxectoria Sobriño de José Pastor Horta, dono da compañía "José Pastor y Cía.", empezou a traballar co seu tío e incorporouse como socio. Cando faleceu o seu tío en 1877, a compañía quedou nas súas mans, mantendo o seu nome. Foi presidente da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de La Coruña e Comisario Regio de Fomento. Foi concelleiro da Coruña e membro da Junta de Defensa.La Voz de Galicia, 28-1-1919, p. 1. En 1888 entrou a colaborar na compañía Ricardo Rodríguez Pastor, pasando a chamarse "Sobrinos de José Pastor". En 1915 incorporouse á compañía o fillo de Pedro Barrié Pastor, Pedro Barrié de la Maza, ao regresar da súa formación financeira en Alemaña, Gran Bretaña e Francia. Finou na Coruña o 27 de xaneiro de 1919.Necrolóxica en El Ideal Gallego, 28-1-1919, p. 5.

Vida persoal

Casou con Amalia de la Maza Agar, filla de Ramón de la Maza e neta de Pedro de Agar, e foi pai de Pedro Barrié de la Maza. Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración

Categoría:Finados en 1919

Categoría:Nados en 1843

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos