Wheeler Dealers é un programa da televisión británica producida por Attaboy TV para Discovery Channel, protagonizada por Mike Brewer (comercial) e o mecánico Edd China.

Serie O programa estruturado como documental baséase na busca de coches de segunda man en Internet e poxas que son mercados por Mike Brewer e reparados e axustados polo mecánico Edd China. Cun orzamento axustado tentan gañar cartos dándolles aos coches unha nova xeira. Durante o programa visitan obradoiros de coches e persoas que traballan no sector mercando pezas e servizos que axuden a mellorar o coche e subir o prezo de venda. O mecánico Edd explica os pasos que segue para arranxar o coche e dá consellos de como melloralo. O coche xa arranxado ponse á venda nun anuncio, entrevistan os posibles compradores e tratan o prezo.

Protagonistas Mike Brewer traballou de comercial e coa súa experiencia no sector tenta acadar bos prezos. Edd China é o mecánico na serie, dá consellos para mellorar o coche e de mantemento. Informa dos custos de cada traballo. Paul Brackley é asesor técnico e sae de cando en vez na serie, aínda que o choio no obradoiro o fai Edd. El axuda en traballos concretos que non pode facer un só.

ComercialMecánico140px140px Mike Brewer Edd China

Tempadas

Tempadas Episodios Primeira emisión Inicio Final Primeira 12 7 de outubro de 2003 11 de novembro de 2003 Segunda 12 10 de febreiro de 2004 16 de marzo de 2004 Terceira 12 23 de agosto de 2005 4 de outubro de 2005 Cuarta 12 29 de agosto de 2006 3 de outubro de 2006 Quinta 12 28 de outubro de 2008 6 de decembro de 2008 Sexta 20 5 de maio de 2009 17 de novembro de 2009 Sétima 10 4 de maio de 2010 9 de novembro de 2010 Oitava 10 5 de abril de 2011 1 de novembro de 2011 Novena 15 20 de marzo de 2012 6 de novembro de 2012 Décima 6 19 de febreiro de 2013 26 de marzo de 2013Total 121 - -

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido