"Memoria da noite" é unha canción do grupo galego de folk e música celta Luar na Lubre. Foi composta por Bieito Romero e sobre a base melódica o poeta Xabier Cordal escribiu a letra. Interpretouna orixinalmente Rosa Cedrón, antigo membro do grupo. Foi incluída no álbum de estudio Hai un paraíso (2004) e no directo Ao vivo (2009), novamente esta última engadida no recompilatorio Sons da lubre nas noites de luar (2012).
A canción trata sobre o afundimento e posterior catástrofe do Prestige, converténdose nun dos himnos da reivindicación social da catástrofe. O grupo español de heavy metal Mägo de Oz fixo unha versión desta canción, malia non coñeceren o galego.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos da canción na páxina oficial do grupo
Categoría:Sinxelos de 2003 Categoría:Cancións de Luar na Lubre Categoría:Cancións en lingua galega