Jesús Ignacio Puente Fontanes, nado na Cardavella (parroquia de Guimarei, no concello da Estrada) o 19 de outubro de 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Tiña unha xastrería na rúa Pérez Viondi da Estrada. Vinculado ao sindicato agrario de Guimarei, figurou na candidatura do Centro Republicano que gañou as eleccións municipais de 1931, e foi elixido concelleiro e nomeado tenente de alcalde na corporación que presidiu Juan Manuel Rodríguez Seijo. Cando no outono de 1934 hai unha crise no goberno municipal, pasou a ocupar a alcaldía, pero o 15 de outubro foi detido por orde militar debido aos sucesos de Asturias, aínda que foi liberado en poucos días. Foi Secretario de Propaganda de Izquierda Republicana en 1935. O 5 de maio de 1936 constituíuse a Comisión Xestora Municipal que o elixiu como alcalde presidente da mesma. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Pontevedra por rebelión militar. Sentenciado a pena de morte, foi executado na Avenida de Buenos Aires de Pontevedra o 5 de xuño de 1937 xunto cos tenentes de alcalde Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, e os republicanos Cándido Tafalla Froiz, Manuel Nogueira González e José María Pena López.Diario de Pontevedra, 5-6-1937, p. 2. En 1939 abríronlle expediente de responsabilidade civil.El Compostelano, 4-1-1939, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O delito de ser alcalde Alcaldes estradenses

Categoría:Alcaldes da Estrada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1937