Ricardo Héctor Zunino, nado o 13 de abril de 1949, Cidade de San Juan, Arxentina, é un ex-piloto de automobilismo, que participou na Fórmula Un desde ata .

Competiu en 11 Grandes Premios de Fórmula 1. No Gran Premio do Canadá de substituíu a Niki Lauda na escudería Brabham, chegando sétimo. Despois do Gran Premio de Francia de foi substituído por Héctor Rebaque.

En 1981 correu para Tyrrell os Grandes Premios do Brasil e a Arxentina. As súas dúas mellores actuacións foron en carreiras fóra de campionato: o Gran Premio de España de 1980 e o Gran Premio de Suráfrica de 1981, ambos con Brabham, chegando a estar segundo nesta última.

En 1979 gañou unha carreira do campionato Aurora, a bordo dun Arrows, no circuíto de Brands Hatch.

Na Arxentina tivo unha destacada actuación no Turismo Nacional, coroándose Campión Arxentino da clase "C" en 1975 e 1976, alternando un Fiat 125 cun Fiat Coupé.

Logo da súa retirada das pistas, dedicouse a negocios de hostalería na súa provincia natal.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos Puntos ParmalatRacing Team Brabham BT49 Cosworth V8 ARX BRA RSA USW ESP BEL MON FRA RU ALE AUT NED ITA CAN7 USARet NC 0 ParmalatRacing Team Brabham BT49 Cosworth V8 ARX7 BRA8 RSA10 USWRet BELRet MONNSC FRARet RU ALE AUT NED ITA CAN USA NC 0 Tyrrell Racing Tyrrell 010 Cosworth V8 USW BRA13 ARX13 SMR BEL MON ESP FRA RU ALE AUT NED ITA CAN CPL NC 0

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1949 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 da Arxentina Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Brabham Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Tyrrell Racing Categoría:Nados na Arxentina