250px|right|miniatura|Loggia na Casa dei Cavalieri de Rodi en Roma.
Unha loxa é un elemento arquitectónico, utilizado especialmente na arquitectura italiana do século XVII (loggia). Aseméllase a unha soleira do pazo galego. Na casa señorial, coincide coa planta nobre.
Funciona a xeito de galería ou pórtico e está aberto integramente polo menos por un dos seus lados e sostido por columnas ou piares e arcos. Atópase normalmente a rente do chan, aínda que tamén pode atoparse a niveis máis elevados sobre doutro a rentes do chan. Neste caso chámase loggia dupla.
É semellante á Stoá grega pero é diferente do soportal, da galería e do perístilo aínda que estea presente unha columnata.
A súa orixe é discutida aínda que hai autores que falan da súa antigüidade, sendo unha das poucas contribucións dos hititas á arquitectura. Porén, e usualmente recoñecido que aparece no renacemento en Italia, no Trecento e xa xeneralizadas no Quattrocento, e o seu uso irase estendendo por toda Europa pola reputación dos arquitectos e escultores que a foron empregando como: Giambologna, Michelangelo, ou Pietro Tacca...
Na arquitectura moderna, na casa, este termo refírese de xeito xeral a un balcón cuberto no desborde da fachada, sen tamaño ou forma específica.
Galería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Loggia degli Osii de Milán Arcada. Stoá. Soportal Pórtico Perístilo Galería
Categoría:Elementos arquitectónicos