Santiso de AbresRepertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia de Carlos Aenlle (oficialmente San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O xentilicio é «». (2021): Dicionario do Galego de Asturias. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-897-2

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab./km². Atravésao de oeste a leste o río Eo. A súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

Demografía

Parroquia A única parroquia de Santiso de Abres é San Salvador, que conta cos seguintes nomes:

En ortografía da RAG, proponse Santiso de Abres (San Salvador). En ortografía da ALLA, considérase a forma San Tiso, que é a oficial. O nome castelanizado é San Tirso de Abres (San Salvador).

Lugares A parroquia de Santiso de Abres está composta polos seguintes lugares: +Entidade de poboaciónLugarNome proposto en ortografía RAGhttp://www.ciberirmandade.org/abertal/component/option,com_docman/task,doc_view/gid,16/Itemid,41/ Nome en galego asturiano (ALLA) (oficial)Nome en castelánA AntiguaA AntiguaA AntiguaLa AntiguaCabo da AldeaO Cabo da AldeaO CampoO CampoCarracidoCarracidoCarracidoLugar de BaixoA Casa LousadaA Casa da ToucidaO CotoO CotoO CotoO Coto de BaixoO Coto de RibaPorta de AresA Porta d'AresA RibeiraRío TrabadaO RiotrabadaO San MiguelA CarreteraA CarreteraA CarreteraLa CarreteraA Casa MarquésO EmpalmeO RandeoO San Sidro (da Carretera)O CastroO CastroO CastroLos CastrosO Castro de BaixoO Castro de RibaEilaleEilaleEilaleEilaleEilale de RibaEspasandeEspasandeEspasandeA Aldea de Baixo (d'Espasande)A Aldea de Riba (d'Espasande)A Casa de SidroA Casa do CaboO CeánFoxasFoxas/ As FoxasFoxasFojasA Pena da CabraGoxeGoxeGoxeGojeA Aldea de Baixo (de Goxe)A Aldea de Riba (de Goxe)A Casa do BarrodeloA GrandelaA GrandelaA GrandelaGrandelaO ChaoO ChaoO ChaoEl LlanoAmaídoO BarreiroA BreaA BreaAs ConchadasA GrandaA GrandaAs MenciñasA NogueiraO PacioO PaxareloO PiñeiroRegadaA RiademuiñosRobaínRobaínSan BrasO San JuanA TapiaA TorreA TorreLombalLombal/ O LombalLombalLombalO BusteloO LouredalLouredal/ O LouredalO LouredalLouredalO VoudinsoLouridoLouridoLouridoLouridoO Barrio de RibaO Barrio de RibaA Casa de CorveirasO ChantadoiroA RúaMatelaMatela/ A MatelaMatelaMatelaA MourelaMourela/ A MourelaA MourelaMourelaNaraíoNaraíoNaraídoNaraidoA Casa do RegoAs Casas de BaixoA PorqueiraPradoPrado/ O PradoPradoPradoPrado de BaixoPrado de BaixoA SelaA SelaPrado de RibaPrado de RibaPrado do MedioPrado do MedioSalcidoSalcidoSalcidoSalcidoA BustargaAs CabeceirasA BustargaO BoutarónA CasanovaO CastroO Chao da SeñoraA Ermida (de Salcido)A Fonte da MouraA Fonte SecaA LameiraA LouseiraA Mariña (de Salcido)A PumaregaO RegateloA RúaO San SilvestreSueiroSueiroO TarangozO TorgaedoA VitouriñaSan AndrésSan AndrésSan AndrésSan AndrésA AiravellaA AldeaA CapillaA CapillaO LoureiroCandaedoCandaídoA Ermida (de San Andrés)A FontegrandeA Mariña (de San Andrés)A NegraA PallazaSobre da VeigaSobre da VeigaSobredaveigaSobrelavegaSolmaiorSolmaiorSolmayorSolmayorA Aldea de Baixo (de Solmayor)O CurulloO PedrónTras da CordaTras da CordaTrasdacordaTrasdacordaCasavellaA Casa VellaTras da Corda de AbaixoTrasdacorda de BaixoTras da Corda de RibaTrasdacorda de RibaTrasdacorda do MedioValiñasecaValiñaseca/ A ValiñasecaValiñasecaValiñasecaA Casa de BaldomeroA Casa do CayocoAs VeigasAs VeigasAs VeigasVegasAs Veigas de BaixoAs Veigas de BaixoAs Veigas de RibaAs Veigas de RibaAs Veigas de RibaAnguieiroAnguieiroO CaboCas TiófiloCas ValledaresO LugarOs MuíñosO SalgueiroO TúnelA VíaVilarVilar/ O VilarVilarVilarVilelasVilelasVilelasVilelasO San Sidro (de Vilelas)Vilela de BaixoVilela de BaixoVilela de RibaVilela de Riba

Historia Os primeiros vestixios históricos atopados no concello, pertencen ó paleolítico, corresponden a necrópole tumularia do Couzogordo e na Xunqueira no linde co veciño concello de Taramundi. É a única zona de toda a comarca onde se atopáronse restos tan antigos.

A presenza romana na zona deixase sentir por mediación das explotacións mineiras de ferro e as auríferas. Así e todo o achado máis importante da época romana é a presenza de tres asentamentos da cultura castrexa no concello: Croas de Castro, orientado a labores agrícolas. Croas de Eilale, relacionado coas explotacións mineiras de Salgueiro, e o Castro de Salcido, dedicado a labores extractivas e de transformación, que conta cunha pequena escada de lousa que da acceso a unha acrópole e un recinto amurallado de máis de tres metros de grosor.

Santiso forma parte da doazón efectuada por Afonso VII á igrexa de Oviedo, pero en 1172 o mosteiro de Meira, situado en Galicia, consegue a metade do territorio para deixalo en mans de 50 repoboadores ó fundar Goxe e Naraído en 1232. Aproveitando as boas condicións das veigas do concello, o mosteiro instalou tres granxas no Chao, A Pumarega e A Brea. En 1537 o conde de Altamira, Don Lope Moscoso, comprou o coto por 672.000 marabedís, aínda que non se incluíu a parte do mosteiro de Meira.

En 1579 Filipe II necesitado de ingresos para paliar os gastos ocasionados polas guerras, obtén, coa bendición do Papa Bieito, o privilexio de vender ou incorporar a coroa os señoríos eclesiásticos, e entre eles este territorio, o que aproveitarían os veciños de Santiso de Abres para adquirilo, expedíndose título de vila e cédula de xurisdición. En Santiso os veciños exerceron a súa xurisdición nomeando xuíces e rexedores, porén, a xurisdición quedou compartida co mosteiro de Meira e co conde de Altamira, algo que apreciábase nas percepcións do décimo. Santiso obtén representación na Xunta Xeral do Principado a través do partido da bispalía, cedendo todo o protagonismo a Castropol, que exercía de cabeza do mesmo. miniatura|Escultura en lembranza do tren mineiro, con motivo do centenario do seu funcionamento (1903-2003) No século XIX, ve como se implanta a industria no concello coa posta en marcha dun tear que dá traballo a varios vendedores ambulantes. Nos tramos finais do século a emigración a ultramar pon en perigo a estrutura demográfica no territorio, sendo a construción do ferrocarril mineiro a comezo do século XX: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo (posta en marcha, 1903, para uso de pasaxeiros, 1905) o efecto amortecedor da mesma.

A principios do século XX proxéctase na capital a instalación dunha industria óptica, finalmente rexeitada por culpa da guerra civil española. Durante os últimos tempos novamente comezan a aparecer movementos migratorios, aínda que esta vez cara ao centro da rexión e Europa, que fan descender perigosamente a poboación, modificando a estrutura social do concello.

Lingua

En Santiso de Abres do mesmo xeito que no resto de Asturias, a única lingua oficial é o español ou castelán. Con todo, a lingua tradicional de Santiso de Abres é o galego centralF.Fernandez Rei, Dialectoloxía da lingua galega, Galaxia, 2003 , que é o mesmo tipo de galego que se fala nos concellos veciños da Pontenova e toda a zona de Meira. O galego falado neste concello non é da variedade eonaviega como na maioría dos concellos das terras de Eo-Navia.

Patrimonio miniatura|Imaxe da 'Pena do Encanto'. A Pena do Encanto é un salto de auga situado no concello, preto do núcleo de poboación de Salcido. A partir de alí hai unha ruta a pé sinalizada (que se desdobra para poder ir a Trabada) e que, en pouco máis de 1 km leva ó salto de auga, a través de camiños sen gran dificultade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Xeografía de Asturias

Ligazóns externas Web do Concello Federación Asturiana de Concejos Vivirasturias Guía del Occidente. San Tirso de Abres