O Gran Premio de Francia de fórmula 1 de celebrouse no Circuíto Paul Ricard o 4 de xullo de 1971. Foi a quinta proba da tempada de Fórmula Un de .
Informe Carreira
A carreira levouse a cabo por primeira vez no novo circuíto de Paul Ricard nas montañas das aforas de Marsella. Jackie Stewart gañou a pole position seguido de Clay Regazzoni, Jacky Ickx e Graham Hill. Stewart distanciouse de Regazzoni, Pedro Rodríguez e Jean-Pierre Beltoise, mentres que Ickx foi golpeado na primeira chicane e descolgouse. Stewart lideraba por diante, establecendo a volta rápida na volta 2 e sacando unha vantaxe de 10 segundos na volta 7. O seu único rival real Regazzoni, patinou nunha mancha de aceite e golpeou na varanda, rompendo unha roda na volta 20. Na volta 28 Rodríguez retirouse cunha bobina defectuosa, deixando ós Tyrrells nunha formación 1-2, con François Cevert demostrando a súa valía na súa terra natal. Hill deixou a quinta posición cun tubo de aceite roto, tras tocar previamente a varanda mentres evitaba a Regazzoni.
Isto deixou a Jo Siffert no terceiro lugar, mantendo a raia a Emerson Fittipaldi, quen se atopaba dorido e vendado logo dun accidente de tráfico. Malia iso, o brasileiro tomou a terceira posición na volta 39. Siffert retomou a posición brevemente, pero Fittipaldi mantívose para o podio final por diante do suízo. Chris Amon quedou quinto nunha actuación pouco convincente do equipo de casa Matra, loitou con Tim Schenken ata que se lle acabou o combustible a 6 voltas do final.
Foi un éxito 1-2 para os Tyrrells nun circuíto complicado, o motor Ford proporcionou potencia extra pola longa recta Mistral.
Esta ía ser a última carreira de Fórmula Un de Pedro Rodríguez. Morreu unha semana despois, mentres conducía un Ferrari 512 privado nunha carreira en Norisring en Alemaña.
Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 11 Jackie Stewart Tyrrell-Ford 55 1:46:42.3 1 9 2 12 François Cevert Tyrrell-Ford 55 + 28.12 7 6 3 1 Emerson Fittipaldi Lotus-Ford 55 + 34.07 17 4 4 14 Jo Siffert BRM 55 + 37.17 6 3 5 20 Chris Amon Matra 55 + 41.08 9 2 6 2 Reine Wisell Lotus-Ford 55 + 1:16.02 15 1 7 21 Jean-Pierre Beltoise Matra 55 + 1:16.93 8 8 22 John Surtees Surtees-Ford 55 + 1:24.91 13 9 10 Peter Gethin McLaren-Ford 54 + 1 volta 19 10 16 Howden Ganley BRM 54 + 1 volta 16 11 24 Rolf Stommelen Surtees-Ford 53 + 2 voltas 10 12 8 Tim Schenken Brabham-Ford 50 Presión aceite 14 13 34 François Mazet March-Ford 50 + 5 voltas 23 NC 28 Max Jean March-Ford 46 Non clasificado 22 Ret 27 Henri Pescarolo March-Ford 45 Caixa de cambios 18 Ret 7 Graham Hill Brabham-Ford 34 Circuíto aceite 4 Ret 19 Andrea de Adamich March-Alfa Romeo 31 Motor 20 Ret 15 Pedro Rodríguez BRM 27 Encendido 5 Ret 5 Clay Regazzoni Ferrari 20 Accidente 2 Ret 17 Ronnie Peterson March-Alfa Romeo 19 Motor 12 Ret 9 Denny Hulme McLaren-Ford 16 Encendido 11 Ret 4 Jacky Ickx Ferrari 4 Motor 3 Ret 18 Alex Soler-Roig March-Ford 4 Bomba gasolina 21
Derradeira carreira: Pedro Rodríguez
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 10px 1 Jackie Stewart 33 10px 2 Jacky Ickx 19 10px 3 Mario Andretti 9 10px 4 Pedro Rodríguez 9 10px 5 Ronnie Peterson 9
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 10px 1 1 Tyrrell-Ford 33 10px 1 2 Ferrari 28 10px 3 BRM 12 10px 4 March-Ford 9 10px 2 5 Lotus-Ford 9
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Francia Categoría:Gran Premio de Francia de Fórmula 1 Francia 1971