Eduardo Chillida Juantegui, nado en Donostia o 10 de xaneiro de 1924 e finado na mesma cidade o 19 de agosto de 2002, foi un escultor vasco.

Traxectoria Primeiro foi futbolista na Real Sociedad de Fútbol de Donostia, pero tivo que deixalo por unha lesión. Estudou arquitectura en San Sebastián e Madrid, e abandonou a carreira comezando a estudar debuxo no Círculo de Belas Artes de Madrid. Trasládase a París e casa ó ano seguinte con Pilar Belzunce, comezando o mesmo ano a súa longa carreira na que destacaría o Peite do Vento, escultura en aceiro que se instalou en Donostia en 1971. No ano 1975 deseñou o logotipo da Universidade do País Vasco. Recibiu diversos premios, entre eles o Princesa de Asturias das Artes en 1987.

Na última parte da súa vida, Chillida constituíu o museo Chillida-Leku, inaugurado en 2000 no casarío de Zabalaga (no concello de Hernani, xunto a San Sebastián) unha fermosa construción tradicional vasca remodelada polo escultor e rodeada dun grande espazo de xardíns coa maior colección da obra do artista.

Un dos seus proxectos máis afamados e polémicos, aínda que inconcluso, foi o baleirado da montaña Tindaya, na illa canaria de Fuerteventura, co obxectivo de crear no seu interior un inmenso cubo no que se simbolizaba a lúa e o sol.

Outras obras sinaladas 300px|miniatura|esquerda|O Peite do Vento en Donostia. miniatura|250px|Eloxio ó horizonte (Xixón). Torso (París, 1948) Portas da basílica de Arantzazu (Oñati, Guipúscoa, 1954) Eloxio da luz (1963) A serea varada (Madrid, 1972) Eloxio ó horizonte (Xixón, 1990) Monumento á tolerancia (Sevilla, 1992) Porta da Música (Parque de Bonaval, Santiago de Compostela, 1994) Berlín (Berlín, 2000)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía "Muere Chillida, el escultor español más universal", en El País, 20.08.2002.

Ligazóns externas Museo Chillida-Leku

Categoría:Escultores do País Vasco Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Donostia Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Premio Tomás Francisco Prieto Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI