O pradairo campestre (Acer campestre), é unha especie de arboriña pertencente ao xénero Acer, da familia Sapindaceae. Está moi estendida por Europa, chega ás provincias orientais de Galiza.
Hábitat É unha árbore de sol ou sombra, moi adaptábel, prefire solos ben drenados, aturando os solos secos e compactos, así coma o ar poluído, polo que se axeita ben coma especie nas cidades e beirarrúas. Pódese cultivar facilmente como bonsai.
Descrición Arboriña de folla caediza de 7–10 m de altura, coa casca cinsenta acastañada, cortizosa, tornándose escamenta e gretada cos anos. As follas son 3-5 palmatilobadas, de 10-12 x 10–12 cm, algo glaucas, co envés lixeiramente tomentoso; marxe enteira, algo ondulada. Pecíolo de 8–10 cm de lonxitude, con látex. Flores de cor verde amarelenta, aparecendo antes que as follas en inflorescencias corimbosas terminais. Froito miúdo, en sámara dupla de 3–5 cm de lonxitude, pubescentes, de ás opostas. miniatura|left|250px|As flores do pradairo campestre saen pola primavera antes das follas e son de cor verde amarelenta miniatura|left|250px|As disámaras opostas de Acer campestre teñen a semente aplanada miniatura|left|250px|As follas deste pradairo son de cor verde escura con cinco puntas, de forma moi característica miniatura|left|250px|A casca suberosa do pradairo campestre é de cor cinsenta acastañada
Propiedades Principios activos: fitosterois, colina, alantoína, taninos. Indicacións: adstrinxente, anticolesterolémico macío. Úsase a cortiza, delourándoa e conservándoa nun local seco, normalmente en decocemento. Outros usos: a madeira é apreciada en carpintaría polo seu gran fino e ton moi clariño, resiste ben o ataque da couza e os insectos. Mediante defoliación prodúcense láminas usadas en ebanistaría polos seus xaspeados. É tamén unha especie melífera, usada na apicultura. En cosmética, úsase para as peles arrubiadas. En Alsacia penduran as pólas do pradairo campestre por riba da porta de entrada das vivendas para escorregar os morcegos.
Taxonomía Acer campestre foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1055–1056, no ano 1753. en Trópicos Citoloxía Número de cromosomas de Acer campestre (Fam. Aceraceae) e táxones infraespecíficos: n=13; 2n=26Datos cariológicos de algunas plantas salmantinas. Sánchez Anta, M. A., F. Gallego Martín & F. Navarro Andrés (1987) Stud. Bot. Univ. Salamanca 6: 169-171 Variedades aceptadas Acer campestre subsp. leiocarpum (Opiz) Schwer. Acer campestre subsp. marsicum (Guss.) Hayek
Notas
Véxase tamén Bibliografía Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville. Bailey, L. H. & E. Z. Bailey. 1976. Hortus Third i–xiv, 1–1290. MacMillan, Nova York. Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, Nova York. Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx. Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
Ligazóns externas
campestre Categoría:Plantas medicinais Categoría:Árbores de Galicia Categoría:Flora de Europa Categoría:Madeiras Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné