Fez (فـاس [Fās], en árabe, Fès en francés) é a terceira cidade de Marrocos, despois de Casablanca e Rabat. Segundo o censo de 2014 a cidade conta cunha poboación de 1 112 072 habitantes.
A cidade de Fez é a capital do islam en Marrocos, da rexión de Fez-Bulmán e da prefectura de Fez. Sita na rexión antigamente chamada Hispania Nova.
Xunto a Marrakech, Mequinez e Rabat conforma parte das cidades imperiais. É considerada como o centro relixioso e cultural de Marrocos. A súa universidade, famosa polo estudo do árabe e da relixión, convértena nun punto de paso para gran número de estudantes marroquís.
A cidade está dividida en tres zonas, Fez el-Bali, a zona antiga, dentro das murallas, Fès el-Jdid, a zona nova, onde está a Mellah, o barrio xudeu, e a Ville Nouvelle (Vila Nova), a zona francesa no noroeste da cidade. A medina de Fez el-Bali, a maior das dúas da cidade, é a maior zona peonil do mundo, e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.
Monumentos, edificios representativos e lugares de interese 200px|miniatura|Vista de Fez. miniatura|200px|Palacio real de Fez. A medina é Patrimonio da Humanidade desde 1981.
Mesquita de El-Qaraouiyyîn Museo del palacio Batha Madraza de Bou Inania Mesquita de Ech-Cherabliyyîn Museo Nejjarîn Madraza de El-Attarîn Mesquita dos andaluces Madraza de Es-Sahrij Fortaleza Norte As Tumbas Merínidas Fez el Bali (medina medieval da cidade) Fez el Jedid (nova medina de Fez) A Mellah
Cidades irmás Montpellier (1961), (2003) Estrasburgo (1961) Florencia (1963) Kairouan (1965) Saint Louis (1979) Xerusalén Leste (1982)A irmandade entre Fez e Xerusalén (al-Quds en árabe) foi firmado coa Organización para a Liberación de Palestina. Marrocos non reconoce ao estado de Israel. Cracovia (1985) Coímbra Lahore (1988) Tlemecén (1989) Córdoba (1990) Chinguetti (1990) Bobo-Dioulasso (2003) Suwon (2003) Loja (2007) Puebla de Zaragoza (2009) Bigastro Cádiz (2009) Santiago de Chile (2010)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Fez celebra sus 1200 años, artigo de María Masquelet (en español). A medina de Fez-al-Bali (en inglés) Páxina con historia e monumentos de Fez (en inglés) Páxina do Festival das músicas sacras do mundo .
Categoría:Cidades de Marrocos