Chromerida (Croméridos) é un filo dentro dos protistas Alveolata, que inclúe as especies fotosintéticas Chromera velia e Vitrella brassicaformis. O grupo foi descrito en 2008 por Moore et al. como formado por eucariotas unicelulares con parede e forma esférica, con flaxelo interno, cunha soa mitocondria e cun cloroplasto con clorofila a. Presentan alvéolos corticais e microporos. Os Chromerida teñen ultraestrutura típica de alveolados, están filoxeneticamente relacionados con Apicomplexa (pero presentan cloroplastos funcionais, a diferenza dos Apicomplexa que os teñen atrofiados)Jan Janouškoveca, Aleš Horáka, Miroslav Oborníkb, Julius Lukešb, and Patrick J. Keelinga. A common red algal origin of the apicomplexan, dinoflagellate, and heterokont plastids. PNAS. vol. 107 no. 24 > Jan Janouškovec, 10949–10954. . Unha característica xenética peculiar é que neles o codón UGA (normalmente mudo) codifica o aminoácido triptófano no xene psbA, o que tamén se dá nos apicoplastos dalgúns Apicomplexa.

Chromera velia foi atopada en asociación cos corais pétreos australianos Plesiastrea versipora. Foi descrita inicialmente como forma inmóbil, pero despois publicáronse informes sobre formas flaxeladas e cunha estrutura con micronemas que lembra algo aos complexos apicais dos Apicomplexa.Oborník M, Vancová M, Laia D, Janouškovec J, Keeling PJ, Lukeš J (2011). Morphology and Ultrastructure of Multiple Life Cycle Stages of the Photosynthetic Relative of Apicomplexa, Chromera velia. Protist, 162, 115–130. O seu cloroplasto ten catro membranas, presenta clorofila a e carece de clorofila c.

A outra especie, Vitrella brassicaformis, foi tamén atopada en arrecifes de coralJan Janouškovec, Aleš Horák, Katie L. Barott, Forest L. Rohwer, e Patrick J. Keeling. Global analysis of plastid diversity reveals apicomplexan related lineages in coral reefs. Current Biology Vol 22 No 13. da Gran Barreira australiana. Ten un ciclo vital máis complexo ca Chromera e unha cor máis verdosa polos diferentes pigmentos secundarios que teñen, aínda que ambas as dúas teñen clorofila a e carecen de c.

Notas

Categoría:Protistas Categoría:Alveolados