Anaconda é un filme brasileiro-americano dirixido por Luis Llosa que se estreou en 1997.
Estreouse en galego na TVG o 13 de maio de 2022.
Sinopse Un equipo de documentalistas trasládase á selva amazónica para localizar á tribo indíxena dos Shirishama. O grupo está formado por Terri (Jennifer Lopez), directora de cine, Steve Cale (Eric Stoltz), antropólogo, o encargado do son Gary Dixon (Owen Wilson), o cámara Danny Rich (Ice Cube), o narrador Warren Westridge (Jonathan Hyde) e a produtora Denise Kahlberg (Kari Wuhrer). Ó equipo únese como guía Paul Sarone (Jon Voight), un misterioso ex sacerdote que se dedica á caza e asegura saber onde se atopan os Shirishama. Pero, en realidade, o que fai é guialos á caza dun réptil único no mundo: unha inmensa serpe anaconda de doce metros de longo.
Personaxes Jennifer Lopez como Terri Flores Ice Cube como Danny Rich Jon Voight como Paul Serone Owen Wilson como Gary Dixon Danny Trejo como Poacher Eric Stoltz como Dr. Steven Cale Kari Wuhrer como Denise Kalberg Jonathan Hyde como Warren Westridge Vincent Castellanos como Mateo Frank Welker como Anaconda (voz)
Galardóns e nomeamentos 1997: 7 Nomeamentos para os Premios Razzie, incluíndo peor filme e director.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Luis Llosa Categoría:Filmes con banda sonora de Randy Edelman Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes de terror con animais Categoría:Filmes sobre cobras Categoría:Filmes de monstros Categoría:Filmes ambientados en América do Sur Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego