Aires d’a Miña Terra foi un boletín de catro páxinas, mensual, editado na Habana en 1892.

Historia e características Subtitulado Boletín oficial de la sociedad de este nombre, apareceu en xullo de 1892. Boletín mensual e bilingüe dirixido por José Novo García. Incluíu informacións sobre a entrada e a saída de vapores, novas de Galicia, artigos de carácter económico e industrial, e comunicados da Cámara de Comercio. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Curros Enríquez, Sofía Casanova, Manuel Lugrís Freire, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Airiños da Miña Terra (1909) Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas

Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura da Habana