O fento frisado (Trichomanes speciosum) é unha especie de fento común no oeste de Europa. É máis abundante en Irlanda, o Reino Unido, a Bretaña francesa, as Illas Canarias, a illa de Madeira e as illas dos Azores, porén tamén aparece nalgunhas localizacións da Península Ibérica (Galiza, Norte de Portugal), Francia e Italia"Species Action Plan: Killarney Fern (Trichomanes speciosum)" BAP. Consultado o 26 de xuño de 2008..
É unha das tres especies europeas de fentos coas follas translúcidas.
Protección A forma de esporófito só se atopa en 16 lugares do Reino Unido, o gametófito está máis espallado. Pensábase que estaba extinta en EscociaRatcliffe, Derek (1977) Highland Flora. Inverness. HIDB. páxina 40. mais descubríronse algúns exemplares en Skye na súa forma gametófita."Skye Flora" . plant-identification.co.uk. Consultado o 25 de maio de 2008. No Reino Unido clasifícase coma especie vulnerábel considerándose en Europa unha das plantas máis ameazadas."Species Recovery Programme" English Nature. Consultado o 26 de xuño de 2008.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Habitas.org.uk - Fotografías
Categoría:Trichomanes Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Especies ameazadas