José Fondevila Torres, nado en Rubín (A Estrada) e finado na vila da Estrada o 15 de xuño de 1957, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Sobriño de Manuel Torres Agrelo, fillo da súa irmá Manuela. Foi emigrante en Cuba. Ao retornar nos anos vinte instalou un comercio na Estrada. Ao final da ditadura de Primo de Rivera pertenceu ao Somatén.El Emigrado, 31-12-1928, p. 3. Da directiva do Centro de Emigrados da Estrada, foi un dos organizadores do Certame Escolar dos Pereiriños. Foi correspondente de El Sol.El Emigrado, 7-6-1933, p. 4. Na asemblea constituriva do Centro Republicano da Estrada celebrada o 18 de maio de 1930, formou parte do Comité Provisional con José Otero Abelleira e Jesús Rivas Carollo, foi elixido vicepresidente da directiva presidida por José Pereiras Vidal,A Estrada republicana (I) e foi reelixido vicepresidente en febreiro de 1931.El Emigrado, 28-2-1931, p. 4. O centro Republicano Estradense transformouse en xaneiro de 1933 en Comité do Partido Republicano Gallego e José Fondevila foi elixido presidente e vogal delegado no Comité provincial.El País, 30-1-1933, p. 4. Nesa mesma reunión foi designado vogal da Comisión de propaganda pro-Autonomía de Galicia.El Emigrado, 31-1-1933, p. 7. Militou en Acción Republicana,Tribuna, 6-8-1933, p. 3. e despois en Izquierda Republicana, da que foi nomeado vogal da directiva estradense presidida por Perfecto Porto Fraiz en marzo de 1935,El Pueblo Gallego, 15-3-1935, p. 12. e pertenceu a última corporación republicana da Estrada. Finou na Estrada o 15 de xuño de 1957.Necrolóxica en Faro de Vigo, 16-6-1957, p. 3.

Vida persoal Casou con María Josefa Mato Brea, finada en xuño de 1990,La Voz de Galicia, 20-6-1990, p. 65. e foi pai de María Josefa, María del Carmen e Manuela Fondevila Mato.El Pueblo Gallego, 18-6-1936, p. 13.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Nuevos tesoros para el museo estradense

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas da Estrada

Categoría:Concelleiros da Estrada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados na Estrada Categoría:Finados en 1957