miniatura| Gavia arctica A mobella ártica, tamén chamado can de mar, é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e hábitos Trátase dun ave de 58-68 cm de lonxitude e un peso entre os 2000 e 3000 gramos. É meirande có mergullón cristado. Cabeza e caluga grises e o lombo de cor negra con faíscas brancas. No inverno a plumaxe é unicolor con tonalidades pardo ou gris escuro. Femia e macho son morfoloxicamente iguais. Aliméntase de peixes que captura durante os seus mergullos. Pode chegar a mergullarse durante 3 minutos sen interrupción. Atópase en lagoas grandes.

Reprodución O período de cría vai de maio a xullo, facendo unha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 28-30 días. Os polos voan ós dous meses. O niño adoita estar localizado na costa.

Distribución Na época de cría está presente en Escandinavia, Escocia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa atlántica europea (agás Portugal), costa adriática, mar Exeo e o mar Negro.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a.

Categoría:Gaviformes Categoría:Animais descritos en 1758