Alvito de Mondoñedo, nado en Mondoñedo despois do ano 1000 e finado en Sevilla no 1063, foi un bispo de orixe galega pertencente á primitiva casa de Saavedra, pois era tataraneto de Adosinda Guterrez, (irmá de san Rosendo) e de Aloito Lucio de Saavedra (910).
Traxectoria Foi fillo de Aloito Fernández de Saavedra, que foi ricohome e mordomo maior do rei Vermudo II, e de Urraca López de Lemos; o seu irmán máis vello Arias Aloitiz herdou os estados do seu pai, que incluían o castelo de Arias e o territorio de Parga, Vilalba e Mondoñedo.Luis Vilar y Pascual: Diccionario histórico, genealógico y heráldico de las familias ilustres de la monarquía española, tomo II, p. 388.Francisco Piferrer: Nobiliario de los reinos y señoríos de España, tomo II, pp. 181-182.
Algúns autores menciónano como confesor do rei Fernando I de León,Gil González Dávila: Teatro eclesiástico de las iglesias metropolitanas y catedrales de los reinos de las dos Castillas, pp. 395-398. monxe e abade abade de SahagúnPrudencio de Sandoval: Fundaciones de los monasterios del glorioso Padre San Benito, p. 86.Antonio de Yepes: Coronica general de la Orden de San Benito, a. 1063.José Pérez, Romualdo Escalona: Historia del Real Monasterio de Sahagún, libro II, cap. III. ou do de Samos,Enrique Flórez: España sagrada, vol. XVI, pp. 180-181.Manuel Risco: España sagrada, vol. XXXV, pp. 72-97. quizais confundíndoo con outro prelado do mesmo nome.M. Risco: España sagrada vol. XXXVI, en contestación a la refutación de Escalona a Flórez. Consta a súa presenza á fronte da diocese en varios documentos dende maio do ano 1057, despois da renuncia do seu antecesor Cipriano.Juan de Dios Posadilla: Episcopologio legionense, tomo I, pp. 163-173.Francisco Trujillo García: La Iglesia de León, pp. 149-154.
No ano 1063, o rei Fernando organizou unha expedición contra as taifas do sur peninsular, e tras os seus éxitos militares enviou a Sevilla a Albito e ao bispo de Astorga Ordoño coa misión de recuperar o corpo de Santa Xusta; non conseguiron atopar os restos desta, mais si os de Santo Isidoro, quen revelándose a Albito comunicoulle o lugar da súa sepultura, anunciándolle tamén a súa próxima morte. Efectivamente, o bispo morreu unha semana despois de atopar o sepulcro do santo, e Ordoño regresou a León cos corpos de ambos.Enrique Flórez: España sagrada, vol. IX, pp. 206-212.
En presenza do abade de Silos San Domingos, Santo Isidoro foi depositado na igrexa de San Xoán e Albito na igrexa de Santa María de Regla;Aínda non estaba consagrada como catedral. segundo a tradición, antes de que Albito fose sepultado, Santo Isidoro apareceuse ao rei Fernando reclamando que o seu corpo estivese presente no enterro do de Albito, como finalmente se fixo.Cóntao Lucas de Tui: Libro de los miraglos de Sant Isidro arçobispo de Sevilla, cap. IX, tradución ao castelán Juan de Robles (1525).
Aínda que non foi canonizado nin tivo rezo oficial, foi venerado como santo na igrexa de León. No santoral español aparece o 5 de setembroEustaquio María de Nenclares: Santoral español, pp. 238-246. ou o 8 de novembro.Joaquín Lorenzo Villanueva: Año christiano de España, vol. XI, pp. 128-130.
Notas
Categoría:Bispos entre 451 e 1054 de Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Finados en 1063 Categoría:Beneditinos de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos