Sotigui Kouyaté, nado en Bamaco o 19 de xullo de 1936 e finado en París o 17 de abril de 2010 foi un dos primeiros actores de Burkina Faso. Era o pai do director de cine Dani Kouyaté e era membro do grupo étnico mandinga.

Traxectoria Sotigui Kouyaté naceu en Malí, sendo os seus pais de Guinea, pero era burkinense de adopción. Cando era neno, desfrutaba dos espectáculos koteba. Chegou a xogar na selección de fútbol de Burkina Faso. Kouyaté comezou a súa carreira teatral en 1966, nunha obra histórica producida polo seu amigo Boubacar Dicko. Ese mesmo ano, fundou unha compañía de teatro con 25 persoas e axiña escribiu a súa primeira obra, The Crocodile’s Lament.

Filmografía selecta 1972 : F.V.V.A.: Femmes Voitures Villas Argent de Mustapha Alassane 1973 : Toula ou le génie des eaux de Mustapha Alassane 1983 : Le Médecin de Gafiré de Mustapha Diop 1983: Le Courage des autres de Christian Richard 1986 : Black Mic Mac de Thomas Gilou 1988 : Le Mahâbhârata de Peter Brook 1991 : IP5 - L'île aux pachydermes de Jean-Jacques Beineix 1992 : Golem, l'esprit de l'exil de Amos Gitai 1994 : Tombés du ciel de Philippe Lioret 1995 : Le Maître des éléphants de Patrick Grandperret 1996 : La Plante humaine de Pierre Hébert 1997 : Keïta ! l'Héritage du griot de Dani Kouyaté 1999 : La Genèse de Cheick Oumar Sissoko 2001 : Little Senegal de Rachid Bouchareb 2002 : Sia, le rêve du python de Dani Kouyaté 2003 : Dirty Pretty Things de Stephen Frears 2004 : Genesis de Marie Perennou 2005 : Travaux, on sait quand ça commence... de Brigitte Roüan 2005 : L'Annulaire de Diane Bertrand 2009 : London River de Rachid Bouchareb

Galardóns e nomeamentos No 2009, Kouyaté gañou o Oso de Prata do Festival de Cine de Berlín pola súa actuación no filme de Rachid Bouchareb London River.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha na IMDb

Categoría:Actores de Burkina Faso Categoría:Nados en Bamaco Categoría:Nados en 1936 Categoría:Finados en 2010