Beatriz Maceda Abeleira, nada na Coruña en 1963, é unha mestra e escritora galega.
Traxectoria Aos cinco anos foi vivir a Vilalba. Estudou na Escola Universitaria de Maxisterio, Educación Primaria pola especialidade de Lingua Inglesa. Realizou estudos de Posgrao en Orientación Educativa no Instituto Maslow Catell da Universidade de Deusto. No ano 1995 casou e volveu vivir na Coruña.
Exerce no ensino, imparte cursos e realiza traballos sobre Ensino Global. Publicou os relatos Ela e Tuerka 27 na revista Tempos Dixital. Pertence ao colectivo A Sega.As segadoras, na web da Sega.
En 2020 entrou na directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
Obra en galego Literatura infanto-xuvenil Man. O alemán de Camelle (2012). Galebook. 40 páxs. ISBN 978-8494073502. O álbum de Garrincha (2015). Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9865-613-8. Lúa en Ningures (2019). Xerais. 128 páxs. Ilustracións de Laura Veleiro. ISBN 978-84-9121-463-2. Man (2020). Con Laura Veleiro. Medulia. 48 páxs. ISBN 978-84-120579-4-2. Ardora (2019). Urco Editora. 131 páxs. Ilustracóns de Laura Veleiro. ISBN 978-84-94945601 As Sentinelas do Silencio (2022). Xerais. 187 páxs. ISBN 978-84-1110-134-9 Teranga (2024). Vigo: Xerais, Col. Fóra de Xogo. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-532-3. ePub: ISBN 978-84-1110-553-8. Begoña ou o pracer da amizade. Unha biografía de Begoña Caamaño (2026). Vigo: Xerais, Col. Merlín. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-765-5. ePub: ISBN 978-84-1110-768-6.
Obras colectivas Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis. Manifesto 25N. Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller. 2021. Alvarellos Editora. O libro das raras (2023). Ilustracións de Viki Ribadulla. O libro da música. 2021. Galaxia. Luísa Villalta. Alma de violino (2023). Vigo: Xerais. Con Eli Ríos e ilustracións de Laura Sánchez. 48 páxs. ISBN 978-84-1110-447-0. Entre liñas.(2024). Edita, Oscar Losada Castro. A gran final. (2024). Edicións Positivas.
Narrativa Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán (2017). Trifolium. 124 páxs. ISBN 978-8494565472.
Premios II Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil (2019) co traballo titulado Ardora.
Gañadora na XVII edición do Premio Frei Martín Sarmiento (2021) coa obra Ardora.
Notas
Categoría:Profesores de Galicia
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1963 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes